- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria céntrase en incrementar as oportunidades laborais a través da especialización e a posta en marcha de medidas que combinan orientación e asesoramento con formación e prácticas
- Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Poio e Marín serán localidades onde se impartirán os cursos destas asociacións
§ Na provincia de Pontevedra, tamén foron aprobados no mes de
novembro os proxectos para 13 concellos,
a Mancomunidade do Salnés e a Fundación Cultural da Estrada
§ En total,
beneficiaranse 3.000 desempregados
O
delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que 3.000 desempregados da provincia de Pontevedra
poderán beneficiarse dun novo programa integrado para desempregados que pon en
marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Deste xeito, o programa favorecerá a 15
entidades sen ánimo de lucro. Ademais, en novembro xa se aprobaron tamén os
proxectos de 13 concellos, á
Mancomunidade do Salnés e á Fundación Cultural da Estrada.
En relación as entidades sen ánimo de lucro,
os programas realizaranse en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Poio e Marín,
dentro do ámbito territorial da Delegación de Pontevedra, e corresponderán a
FeSP UGT Galicia, CCA Compostela Monumental, Fundación Juan XXIII, e a
Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia.
A iniciativa da
Consellería de Economía, Emprego e Industria inclúe a reserva dunha porcentaxe
do orzamento para o desenvolvemento de plans específicos para as mulleres. En
concreto, na provincia de Pontevedra haberá dous plans integrados con este fin,
un que porá en marcha FeSP UGT Galicia
para Vilagarcía e Pontevedra, e outro que organiza CCA Compostela Monumental en
estas dos mesmas localidades. En total 434.500 euros que permitirán activar
unha das medidas do plan Emprega en feminino, a folla de ruta do Goberno galego
para impulsar a inserción das mulleres no mercado de traballo.
José Manuel Cores
Tourís aproveitou para destacar a labor destas entidades sen ánimo de lucro.
“Iniciativas como as que levan a cabo asociacións e fundacións como Xoán XXIII
permiten que moitas persoas que se atopan nunha situación de desvantaxe social
e económica poidan formarse e prepararse para buscar e atopar un emprego”. De
feito, o delegado territorial destacou a decidida aposta desta entidade pola
empregabilidade das persoas, “tendo en conta que está xa a traballar para a
construción dun novo centro de inserción laboral que permitirá que 150 persoas
ao ano participen nos distintos programas da asociación como o que agora acaba
de aprobar a Xunta de Galicia”.
Cada
curso beneficiará a 100 participantes que procederá das oficinas de Emprego,
e o
control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración
autonómica. O orzamento para toda a provincia de Pontevedra supera os 6 millóns
de euros.
Tal e como explicou
o delegado territorial, os programas integrados de emprego, que teñen uno ano
de duración, “están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados
establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus
participantes”. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa
natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas
con prácticas laborais.
A actuación forma
parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia
laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro
ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.
O Goberno galego, a través desta folla de
ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a
ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os
obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a
iniciativa Formación á porta para cualificar a mozos e mozas do rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario