Desenvolveuse ao longo desta mañá en dúas quendas no salón de actos da Delegación Territorial e serviu para resolver as dúbidas que puideran existir tras o inicio do curso escolar e ampliar información ao respecto
- Correu a cargo do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez Fernández, da subdirectora da Área Asistencial Médica, Dolores Pan, do xefe do Servizo de Medicina Preventiva do CHOP, Javier Paz Esquete, así como dun especialista en Pediatría e outro en Atención Primaria
A Consellería de Sanidade, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, iniciou hoxe unha serie de xornadas dormativas cos representantes dos equipos covid-19 de cada un dos colexios públicos e concertados da provincia de Lugo sobre o protocolo e a pandemia.
Os dous actos, que se desenvolveron no salón de actos da Delegación de Pontevedra ao longo da mañá de hoxe, correron a cargo do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez Fernández, da subdirectora da Área Asistencial Médica, dolores Pan, do xefe do Servizo de Medicina Preventiva do CHOP, Javier Paz Esquete, así como dun especialista en Pediatría e outro en Atención Primaria. Estiveron tamén presentes a xefa territorial de Sanidade en Pontevedra, Ángeles Feijoo-Montenegro, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.
A actividade desenvolveuse de xeito presencial en dúas quendas, por cuestión de aforo, citándose 122 colexios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da área de Pontevedra. Mañá desenvolverase o mesmo acto para os centros da comarca do Deza en Santiago de Compostela, xa que dependen desa área sanitaria, e para o xoves, estarán citados en outras dúas quendas de mañá en Tomiño os centros educativos do Baixo Miño, Condado-Parandanta, Louriña e Valmiñor. Na Delegación de Pontevedra volverá a desenvolverse outro acto similar ese mesmo xoves pola mañá para os centros educativos do Salnés.
Nos contidos formativos previstos abordouse de xeito didáctico información básica sobre o coronavirus, a súa afección na poboación infantil e os síntomas, así como as medidas de vixilancia, de prevención e de control. Ademais, déronse pautas sobre como actuar ante unha sospeita de infección por coronavirus no centro escolar e o mecanismo de alerta que se debe activar.
A formación centrouse tamén no papel dos coordinadores Covid dos centros educativos e a súa coordinación cos referentes nos centros de saúde. O programa completouse con materiais de traballo na aula dirixidos ao alumnado segundo as etapas educativas, mediante xogos e consellos.
Formación completa
Os equipos covid-19 dos colexios xa recibiron formación non presencial nos primeiros días de setembro que se completa agora con esta nova xornada presencial na que afondará en información específica sobre a infección do coronavirus e na que se resolverán as dúbidas que poidan existir tras o inicio do curso escolar sobre a aplicación do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario
Os coordinadores covid-19 son as persoas de referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias de cada colexio. Os equipos están integrados pola persoa titular da dirección do centro, ou persoa na que delegue ou a substitúa, e dous membros do profesorado (nos centros de menos de seis unidades o equipo poderá constituírse cunha soa persoa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario