Os usuarios do dispositivo nesta área realizaron
xa 13.779 viaxes entre a segunda quincena de xuño e ata o 31 de xullo
§
O maior número de
usuarios mozos nesta área pertence o municipio de cabeceira, onde se teñen
distribuído 1.850 dispositivos, seguidos polos de Marín, onde se teñen expedido
891 tarxetas Xente Nova
§
Trátase da primeira fase da ampliación territorial do plan social de
fomento do transporte público da Xunta, que prevé o seu desenvolvemento
progresivo ata acadar o conxunto de Galicia
§ En canto á tarxeta TMG, que tamén se puxo en
funcionamento o 15 de xuño na área de Pontevedra e que supón bonificacións para
os usuarios, xa foron expedidas 2.757
Preto de 4.000 menores de 21 anos da área de
Pontevedra están a viaxar xa de balde no autobús interurbano da Xunta coa
tarxeta ‘Xente Nova’, tras cumprirse dous meses e medio da implantación deste
dispositivo.
A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa
social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016
nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte
público a menores de 19 anos. O pasado 1 de xaneiro ampliouse a cobertura do
dispositivo ata os menores de 21 anos e, o pasado mes de xuño, a Xunta puxo en
marcha este dispositivo en 13 concellos da área de Pontevedra e tamén na
provincia de Ourense.
Esta primeira fase da ampliación territorial
no transporte público dependente da Xunta, forma parte da renovación integral
das liñas de transporte público interurbano de Galicia, que se desenvolverá de
forma progresiva ata acadar o conxunto da comunidade.
Máis en concreto, desde a segunda quincena de
xuño e ata esta semana, estanse a beneficiar xa da gratuidade do transporte un
total de 3.978 menores de 21 anos da área de Pontevedra. O maior número de demanda
de tarxetas ‘Xente Nova’ procede dos mozos e mozas do concello de Pontevedra, onde
se expediron un total de 1.850 dispositivos. Nesta listaxe de usuarios que
viaxan de xeito gratuíto co dispositivo séguelle a mocidade de Marín (con 891
tarxetas Xente Nova expedidas), Poio (168), Sanxenxo (146) e Bueu (133 tarxetas
Xente Nova expedidas).
En canto as viaxes realizadas desde a
implantación do dispositivo ‘Xente Nova’ nesta área, desde mediados de xuño e
ata o 31 de xullo, o número ascende ata un total de 13.779,
sendo os traxectos máis empregados os de ida e volta entre Pontevedra-Marín e
as conexións entre Sanxenxo e Pontevedra.
Tarxeta TMG
A
implantación total do Plan de Transporte Público está a permitir estender
ademais ao conxunto dos usuarios do autobús interurbano da área de Pontevedra
as vantaxes da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG), cun 10% de desconto
en todas as viaxes.
Os datos destes
primeiros meses de extensión da tarxeta de Transporte TMG reflexan que na área
de Pontevedra, onde está a funcionar este dispositivo tamén desde o pasado 15
de xuño, xa beneficia a 2.757 usuarios.
Deste
xeito, coincidindo coa posta en funcionamento destes novos contratos, os
usuarios das liñas destas áreas teñen tamén á súa disposición un novo bono de
ata 50 viaxes mensuais, independentemente de que sexan de ida ou de volta, que
supón un desconto do 50% do custo de cada unha das viaxes sobre a tarifa das
empresas.
A posta en
marcha do Plan de Transporte Público en Galicia, no que a Xunta vai investir
máis de 70 millóns de euros ao ano para o seu mantemento, inclúe máis paradas e
mais servizos e tamén supón aplicar unha tarifa homoxénea en toda Galicia. É
dicir o custo do percorrido por quilómetro será igual en toda Galicia, de aí
que as tarifas varíen segundo o número de quilómetros dos traxectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario