A Deputación destina 85.000 euros a instalar paneis fotovoltaicos no novo Parque de Maquinaria de Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 26 de octubre de 2024

A Deputación destina 85.000 euros a instalar paneis fotovoltaicos no novo Parque de Maquinaria de Barro

 Luis López

Luis López explicou que o obxectivo é evitar a necesidade de empregar combustibles fósiles para a produción eléctrica nas novas instalacións provinciais

A Deputación de Pontevedra destinará 85.000 euros para dotar de paneis fotovoltaicos ao novo Parque de Maquinaria que a institución provincial acaba de poñer en funcionamento recentemente en Barro. A Xunta de Goberno aceptou hoxe a concesión dunha axuda do INEGA, a través do programa europeo FEDER 2021-2027, que aporta o 60% do orzamento total, é dicir, 50.000 €. Desta maneira, a Deputación investirá nesta actuación os case 35.000 euros restantes. O presidente Luis López explicou que o obxectivo é evitar a necesidade de empregar combustibles fósiles para a produción eléctrica desta nova instalación o que “nos permitirá obter un aforro enerxético importante e minimizar a pegada de CO2”.

En concreto, a través desta actuación contémplase instalar placas solares de autoconsumo cunha potencia fotovoltaica de 96,8 kW, así como todos os elementos complementarios necesarios (inversores fotovoltaicos, cableado, bandexas e elementos precisos para inxectar a enerxía solar á rede interna de consumo eléctrico da nave).

“Camiñamos, con proxectos como este, cara unha provincia máis sostible mediante o emprego de fontes de enerxía renovable –asegurou Luis López-. Porque non hai dúbida de que temos un compromiso irrenunciable co medio ambiente e iniciativas así son fundamentais para garantir que esta provincia sega sendo un referente verde”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario