Barro faise eco do caso de Sara, que precisa continuidade na asistencia terapéutica - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 24 de octubre de 2024

Barro faise eco do caso de Sara, que precisa continuidade na asistencia terapéutica

O alcalde trasladará ao Sergas a petición da familia para que non lle cambien o logopeda a unha nena con implantes para a xordeira

Abraldes_familia_Sara
photo_camera A reunión da nena, coa súa familia, e o alcalde. D. P.


Continuidade nos tratamentos para a súa recuperación e o seu mellor desenvolvemento.

Iso é o que precisa unha pequena de Barro chamada Sara, que esta semana acudiu, coa súa familia, a ver ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para explicar o seu caso.

Sara padeceu unha infección conxénita que a fixo nacer con hipoacusia (xordeira) de nacemento, e que foi operada de cativa para que lle realizaran un implante coclear binaural co que poder ter audición e desenvolver unha vida normal. Pero a cativa necesita, para a súa completa recuperación un tratamento logopédico, que xa lle motivara crebadeiros de cabeza antes á súa familia, posto que o Sergas lle anunciara que non ía dispor de logopeda a partir dos dez anos. Xa entón esta familia pediu a mediación do alcalde para facerse oír ante o Sergas.

Esta semana, de novo foi necesario pedir axuda. Os familiares da nena explicáronlle ao alcalde que o Sergas lles cambia de logopeda cada poucos meses polo que non hai un profesional que poida facer un tratamento e seguimento continuado das necesidades de Sara e da súa evolución. Esta situación frea un maior avance na súa recuperación.
Abraldes trasladoulle o seu total apoio e solidariedade, e indicou que lle fará constar ao xerente da área sanitaria de Pontevedra esta situación "agardando que Sara poida contar co mesmo logopeda de forma estable para que o seu tratamento sexa o máis efectivo posible".

 

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/barro-faise-eco-do-caso-sara-que-precisa-continuidade-asistencia-terapeutica/202410171102441324846.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario