Polígono de Barro: Luis López anuncia que a Deputación destinará 1,8 millóns de euros para contratar a xestión da rede Smartpeme+ e das oficinas Acelera Pyme Rural - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 26 de octubre de 2024

Polígono de Barro: Luis López anuncia que a Deputación destinará 1,8 millóns de euros para contratar a xestión da rede Smartpeme+ e das oficinas Acelera Pyme Rural

 Luis López

A través do novo contrato xestionaranse as oficinas de Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño, Vigo, Cambados e Ponteareas este ano 2024 e 2025, onde se asesorará a emprendedores e se levarán a cabo diferentes actividades

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente para contratar o servizo de evolución e xestión da rede Smartpeme+ e das oficinas Acelera Pyme Rural, ao que destinará un total de 1,8 millóns de euros entre este ano e 2025. “Non hai dúbida de que Pontevedra ten unha enorme capacidade emprendedora, e se os emprendedores apostan pola provincia, nós temos que apostar por eles. Por iso, imos seguir tendendo pontes con eles no futuro, ofertándolles servizos que nos referencian como SmartPeme”, valorou o presidente provincial ao anunciar o novo contrato.

A través de dito contrato vanse coordinar e xestionar as oficinas de SmartPeme+, localizadas en Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño e Vigo, e as oficinas Acelera Pyme Rural, que son as de Cambados e Ponteareas. Ademais, ofrecerase a emprendedores, autónomos e pemes asesoramento personalizado no seu proceso de transformación dixital, posta en marcha e crecemento empresarial, baseado nas novas tecnoloxías. Por último, impartiranse talleres de sensibilización e celebraranse diferentes actividades complementarias.

Nas cinco oficinas pertencentes á rede Smartpeme+ prestaránselle servizos de asesoramento TIC; de asesoramento a emprendedores e de asesoramento para o crecemento empresarial aos emprendedores, autónomos e pemes da provincia, mentres que nas dúas Acelera pyme rural, a aqueles dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario