A XUNTA CONTRIBÚE A ELIMINAR UN VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS NO CONCELLO DE BARRO E OUTRO NO DA LAMA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 24 de octubre de 2024

A XUNTA CONTRIBÚE A ELIMINAR UN VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS NO CONCELLO DE BARRO E OUTRO NO DA LAMA

Os técnicos de Augas de Galicia detectaron as incidencias durante os seus labores rutineiros de inspección no ámbito da demarcación hidrográfica Galicia-Costa


A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais que afectaba ao río Santa Susana no lugar de Balixe, no concello pontevedrés de Barro, e outro no lugar de Sucastro, no concello da Lama.

O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico detectou os dous episodios durante os labores rutineiros que realiza no ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

No caso de Barro, ese traballo de supervisión permitiu localizar un vertido en condicións inadecuadas a través dun punto de evacuación de augas pluviais da estrada existente na contorna, que desauga no río. As análises do caudal que saía da tubaxe confirmaron a existencia de contaminación.

Os feitos puxéronse en coñecemento do Concello e realizouse unha nova inspección á zona na compaña dun representante do Goberno local e localizouse unha filtración de augas residuais desde a rede de saneamento que discorre pola estrada N-550 cara á rede de pluviais, solicitando que se adoptasen as actuacións para a súa emenda.

Tras recibir comunicación da execución das medidas correctoras pertinentes, inspeccionouse de novo a zona e constatouse que xa non se producían filtracións de augas residuais desde a rede de saneamento, eliminando así a contaminación asociada a ese vertido ao dominio público hidráulico.

No caso da Lama, a incidencia atopábase na infraestrutura de saneamento municipal pois tiña orixe nunha das xuntas de conexión da estación de bombeo de augas residuais existente na zona, ocasionando filtracións de augas residuais cara os terreos da contorna. Polo tanto, púxose a deficiencia en coñecemento do titular das instalacións para que adoptase as medidas oportunas para a súa corrección.

Nunha nova inspección á zona constatouse que se procedera ao baleirado e mantemento dos elementos que forman parte do bombeo, o que permitiu eliminar o vertido de augas residuais e a contaminación asociada a el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario