A Deputación destina máis de 50.000 euros para que 35 entidades sociais da contorna de Pontevedra poidan realizar actividades culturais - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 12 de octubre de 2024

A Deputación destina máis de 50.000 euros para que 35 entidades sociais da contorna de Pontevedra poidan realizar actividades culturais

Conferencia de prensa de Luis López 11-10-2024

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 250 e os 2.500 euros para actividades de posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia tanto no territorio propio como no exterior

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de máis 50.000 euros para que 35 entidades ou asociacións sen ánimo de lucro de 19  concellos da contorna de Pontevedra poidan realizar actividades culturais. En total, as axudas oscilan entre os preto de 250 e os 2.500 euros para actividades de posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia. “Seguimos, desta maneira, apoiando a cultura e ao sector cultural da provincia. Estamos ao seu carón para que poidan poñer en marcha iniciativas que cheguen a todos os habitantes da provincia –explicou o presidente provincial, Luis López-. Porque o acceso á cultura debe ser universal, e queremos contribuír a iso”.

En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións, dotadas cun total de 290.000 euros que chegarán a 228 entidades de 45 concellos. A primeira, para a posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia, tamén para festivais, mostras, encontros ou certames culturais, así como para actividades centradas na pintura, escultura, arquitectura e banda deseñada, conta cun orzamento de 250.000 € e dela beneficiaranse 188 entidades da provincia. A segunda liña, dotada de 40.000 euros, chega a 40 asociacións para que poidan participar en festivais, certames ou concursos nacionais e internacionais, ou para intercambios culturais que potencien o patrimonio musical e cultural da provincia pero que se celebren fóra de Galicia.

Na contorna de Pontevedra, 29 asociacións de oito concellos recibirán achegas da primeira das liñas por un total de 42.000 €: dúas entidades de Barro contarán con 2.042 €; dúas de Cuntis, 3.134 €; dúas de Marín, 3.461 €; cinco de Moraña, 5.721 €; cinco de Poio, 10.188 €; unha de Ponte Caldelas, 1.418 €; 11 de Pontevedra, 15.431 €, e unha de Vilaboa, 1.276 €. No caso da liña 2, son seis as asociacións de tres concellos da contorna de Pontevedra as que contarán con 9.000 € de axudas para as súas actividades culturais: dúas entidades de Cuntis recibirán un total de 2.622 €; unha de Marín, 1.779 €, e tres de Pontevedra 4.689 euros.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario