A Deputación avanza na ocupación do Viveiro de Empresas de Barro coa cesión dunha nova nave - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 27 de febrero de 2026

A Deputación avanza na ocupación do Viveiro de Empresas de Barro coa cesión dunha nova nave

 

 

A firma Spanish Tapas Sets, S.L. instalarase nun espazo de 110 m2 inicialmente por un ano, coa posibilidade de prorrogalo durante outros dous

 

Na actualidade están ocupadas 13 das 16 naves e 10 das 24 oficinas coas que conta o viveiro de empresas situado no Polígono de Barro

 Así será el futuro vivero de empresas del polígono industrial de Barro-Meis

A Deputación de Pontevedra avanza na ocupación do viveiro de empresas de Barro coa adxudicación da cesión dunha das súas naves. Deste xeito, a empresa Spanish Tapas Sets, S.L., ocupará un espazo de 110 m2 inicialmente por un ano, pero coa posibilidade de prorrogalo durante outros dous máis.

 

Os viveiros de empresas da Deputación buscan facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nunha contorna económica e empresarial complexa que demanda proxectos empresariais creativos, innovadores e sólidos. Trátase de estruturas de acollida temporal de empresas dirixidas a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, prestarlles servizos adaptados ás necesidades de cada unha e favorecer a colaboración entre elas.

 

Na actualidade o Viveiro de Empresas de Barro conta con 13 das súas 16 naves ocupadas (o 81%), ademais de 10 das súas 24 oficinas. Pola súa banda, no Viveiro de Empresas de Lalín están ocupadas unha das súas tres naves, así como catro das súas cinco oficinas (o 80%). Está previsto que na próxima Comisión de Seguimento dos Viveiros de Empresas da Deputación, que se celebrará entre os meses de febreiro e marzo, se adxudiquen novos espazos tanto para o viveiro de Barro como para o de Lalín que aumentarán as súas porcentaxes de ocupación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario