El concejal del PP de Vigo, Miguel Martín, la presidenta del PP de Vigo, Luisa Sánchez, y el portavoz del PP en Pontevedra, Jorge Cubela
● No caso das comarcas do Salnés e Caldas, os populares repróchanlle os graves problemas ferroviarios en Vilagarcía, Catoira e Pontecesures, o lamentable estado da N-640 e da N-550 ou os proxectos incumpridos en Vilagarcía e Cuntis, así como a desfeita de proposta coa Variante Oeste de Caldas de Reis
● A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, e o voceiro popular, Jorge Cubela, presentaron hoxe en Vialia a moción que se debaterá o venres no pleno da Deputación e na que solicitan a súa marcha, “xa que, coa súa actitude, a solución ás nosas infraestruturas non pasa por el”
O grupo provincial do PP de Pontevedra vén de presentar unha proposta na que reproba a xestión do ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, no que atinxe ás infraestruturas da provincia e pola que reclama a súa dimisión pola “demostrada discriminación, reiterado abandono e inmerecido castigo” co que trata sempre a este territorio. Ditas resolucións están incluídas nunha moción que se debaterá o próximo venres no pleno ordinario da Deputación de Pontevedra correspondente ao mes de febreiro.
A vicepresidenta provincial e presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, e o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, presentaron hoxe esta proposta, acompañados por outros cargos do partido, en Vialia Estación de Vigo, “que é a ‘zona cero’ dunha xestión totalmente errática e a mala fe do ministro baseada no maltrato con saña ás cidades de Pontevedra e Vigo e a toda a provincia”.
“Despois de máis de dous anos ao fronte do ministerio non se pode dicir nin unha soa cousa boa que fixera a prol das infraestruturas de Pontevedra e da provincia malia que son fundamentais para o noso desenvolvemento e progreso. Máis ben ao contrario, só sufrimos desprezo, desleixo e abandono porque non hai que esquecer que, entre moitas outras cousas, foi o ministro que borrou o AVE a Vigo por Cerdedo do mapa da alta velocidade. Por todo o mal feito e porque, coa súa actitude, a solución ás nosas infraestruturas non pasa por el, imos pedir a súa marcha inmediata na defensa dos 950.000 cidadáns desta provincia”, clamou Luisa Sánchez, que calificou de lamentable que, en todo este tempo, só fixera unha visita oficial ás cidades de Pontevedra e de Vigo “e neste último caso co único ánimo electoralista de apoiar ao candidato do PSOE á Xunta e logo nos deixara abandonados, sen investimentos reais e sen dar a cara por todos os seus incumprimentos”.
Entre o ronsel de motivacións que amparan a solicitude de dimisión reclamada polo PP figuran, no caso da cidade olívica, a supresión do AVE por Cerdedo, os retrasos reiterados e inxustificables da Saída Sur cara Portugal que se adia polo menos ata 2038, o non explicado proxecto do túnel cara a autovía A-52 malia ter un suposto orzamento de 400 millóns de euros, o desmantelamento do aeroporto de Peinador ata deixalo só cuns poucos destinos nacionais ou a discriminación co Porto de Vigo, fóra da rede nodal e que recibirá, ata 2029, menos de 200 millóns de euros en investimentos fronte aos máis de 360 da Coruña.
Así mesmo, o PP considera que o ministro é o responsable do continuado bloqueo á transferencia a Galicia e á implantación da gratuidade de peaxes da autoestrada AP-9 mentres noutras comunidades autónomas aproba constantes liberalizacións de taxas e tamén, xa no eido da cidade de Pontevedra, da paralización da reforma do nó de Bombeiros, da falta de solucións aos cada vez maiores anegamentos da PO-11 entre a capital provincial e Marín e dos problemas e rexeitamento social pola construción da autovía A-57.
Finalmente, os populares indicaron que os problemas coas infraestruturas de titularidade estatal esténdense por toda a provincia, con graves problemas ferroviarios, retrasos, avarías ou falta de servizo de trens en Vilagarcía, Pontecesures, Catoira, As Neves, O Porriño ou Tui, entre outros, e polo “pésimo e perigosísimo estado” dos 317,5 quilómetros de estradas nacionais que percorren 28 concellos da provincia.
“As vías nacionais están en condicións terceiromundistas e xeran un claro risco de accidente para os seus usuarios, e aí están os seus terribles datos de sinistralidade, tras oito anos de goberno socialista e un insuficiente investimento en mantemento que se converteu en inexistente con este ministro. Ademais, en materia de estradas sufrimos palmarios incumprimentos de importantes proxectos comprometidos en Ponteareas, Caldas –coa terrible proposta da Variante Oeste–, Cuntis, Forcarei ou Cerdedo-Cotobade, entre outros, polo que, polas vidas e pola seguridade dos pontevedreses temos que pedirlle, con total responsabilidade, que admita a súa incompetencia ou a súa mala fe e que se marche”, concluíron os deputados populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario