O Concello de Barro, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, consciente  da necesidade de ofertar Programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia, convoca novamente para o  ano 2011 cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral, acadar un maior  enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a  autonomía e o acceso ó mercado laboralde quen desexe orientar o seu  futuro en relación con calquera das actividades ofertadas. Ademais de  favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto  de encontro entre eles.   Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó Programa.
No caso do Concello de Barro, o curso que se impartirá será o de Informática (iniciación).
Máis información no seguinte enlace da 
Deputación de Pontevedra
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario