§ Destaca que o
obxectivo desta convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia
e dar atención a 305 rapaces de 0 a 3 anos
§ Subliña que as axudas para
gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos
elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou
hoxe a aprobación dunha nova convocatoria de axudas que permitirá a creación de
15 novas casas niño no rural.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que a día de hoxe
o rural galego conta con 46 casas niño -3 na provincia da Coruña, 13 en Lugo,
27 en Ourense e 3 en Pontevedra- que, cun investimento de preto de 5 millóns de
euros, ofrecen 230 prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos en concellos de
menos de 5.000 habitantes de Galicia.
O presidente do Goberno galego aseverou que o obxectivo desta
convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia e dar atención a
305 rapaces de 0 a 3 anos. Como principal novidade cómpre subliñar que, no
suposto de que haxa máis demanda de prazas que oferta, terán prioridade as
solicitudes de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ao igual que nas convocatorias anteriores, as casas niño atenderán a un
máximo de cinco nenos de xeito simultáneo e coas máximas garantías de calidade,
ofrecendo atención diúrna de luns a venres, nun máximo de oito horas diarias
para cada neno e cun horario pactado co profesional.
En canto ás axudas, subvencionarase a reforma e adaptación da vivenda ou
seu equipamento, entre outros aspectos.
As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata
o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000
euros, mentres que a achega pola prestación da atención personalizada
consistirá nunha prima de 19.600 euros/ano, destinada a apoiar esta iniciativa
emprendedora no inicio da súa andaina.
O presidente do Executivo autonómico concluíu subliñando que o obxectivo
do Goberno galego é que no 2020 todos os concellos galegos teñan un recurso de
conciliación para nenos de 0 a 3 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario