As achegas, que oscilan entre os 900 e
os 32.000 €, están destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos
agrícolas e gandeiros
A
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación de
axudas por valor de 200.000 € a 14 cooperativas agrogandeiras da provincia, que
poderán investir en obras, maquinaria agrícola, comercialización valorización,
adquisición de fincas, enerxías renovables, uso de novas tecnoloxías ou
equipamentos para as cooperativas.
As
axudas, que oscilan entre os 900 e os 32.000 €, están destinadas á recuperación
e posta en valor dos recursos agrícolas e gandeiros promovendo así a
comercialización e valorización dos produtos, a formación técnica para o
desenvolvemento das súas actividades, a divulgación e posta en uso das novas
tecnoloxías, enerxías renovables e aforro enerxético e os investimentos para
mellorar os seus servizos.
En
concreto, a Cooperativa Viña Moraime de Barro recibirá 975 €, Horsal de
Cambados 31.795,31 €, Ullama da Estrada 4.000,38€, a Cooperativa Aprodeza de
Lalín 10.993,88 €, Campodeza de Lalín 20.470,95 €, Cobideza de Lalín 21.878,49
€, a Cooperativa Gandeira de Botos de Lalín 9.583,16 €, a Cooperativa Gandeiros
Do Deza de Lalín 12.805 €, Valle del Deza de Lalín 7.404,39 €, Xuncoga de Lalín
15.244,33 €, Villa Almirante de Portas 16.986,54 €, Cooperativa del Campo O
Rodo de Rodeiro 24.165,46 €, Porta Río Miño do Rosal 21.777,61 € e a
Cooperativa Horta de Galicia do Rosal 1.919,50 €.
O
ano pasado, a institución provincial aprobou axudas por un valor de 150.000
euros para as cooperativas agrogandeiras da provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario