A institución provincial destina
600.000 € no marco destas subvencións, 500.000 € dirixidos a clubs deportivos
sen ánimo de lucro que compitan en ámbito inferior a nacional e 100.000 para os
que o fagan na categoría rexional preferente
O prazo de solicitude das subvencións permanecerá
aberto ata o 25 de febreiro
A
Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude das subvencións
para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior
ao estatal e na categoría rexional preferente na modalidade de fútbol. A
convocatoria, publicada onte no Boletín Oficial da Provincia e que este ano
está dotada de 600.000 euros,
permanecerá aberta ata o 25 de febreiro.
As
axudas para entidades deportivas que participan en competicións federadas van
destinadas a sufragar gastos derivados da participación das entidades
deportivas en ligas e competicións oficiais durante a tempada 20018/2019, ou no
caso daquelas competicións cuxo desenvolvemento sexa o ano natural, ata a
finalización do presente. Considéranse gastos subvencionables, entre outros, as
licencias federativas, os seguros deportivos, as inscricións en competicións,
gastos de arbitraxe, de adestradores, desprazamentos, aluguer de espazos ou
contratación de persoal derivado da práctica deportiva e a participación en
ligas ou competicións, entre outros.
Para
participar no proceso será necesario presentar a documentación recollida na
convocatoria publicada onte no BOPPO dende hoxe mesmo e ata o 25 de febreiro. Poderán
concorrer todas aqueles clubs deportivos federados que carezan de ánimo de
lucro, se atopen ao corrente coas obrigas tributarias en todos os niveis da
administración e coa Seguridade Social; estar inscritos no Rexistro de
Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte; non estar en ningún
dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas
ou subvencións e que a modalidade practicada polos clubs deportivos federados
teña implantación na Provincia de Pontevedra.
A
concesión das subvencións farase en réxime de concorrencia competitiva,
atendendo aos criterios de valoración recollidos na convocatoria e entre os que
se atopan o número de licencias federativas na tempada actual (45% da
puntuación total), ámbito de competición do equipo de referencia (20%), número
de categorías na tempada actual (15%), número de licenzas femininas na tempada
actual (10%) e posesión de licenzas de deporte adaptado (10%).
No hay comentarios:
Publicar un comentario