A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS A PARTICIPAR NA IV EDICIÓN DO CONCURSO DE CURTAMETRAXES SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 3 de febrero de 2019

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS A PARTICIPAR NA IV EDICIÓN DO CONCURSO DE CURTAMETRAXES SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA





·         Neste certame poden concorrer alumnos e alumnas de calquera centro docente dos sete campus galegos

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os alumnos e alumnas de ensino universitario de Galicia a tomar parte no IV Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea.

As bases da convocatoria deste certame, que ten como obxectivo promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón de medula ósea como un acto voluntario e altruísta, poden descargarse no seguinte enlace da páxina web de ADOS:

Participantes
Na cuarta edición do concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, poden participar estudantes de calquera dos centros docentes dos sete campus galegos que presenten os seus traballos ata o 31 de maio do 2019.

Poderán tomar parte os estudantes de xeito individual ou en grupo, cun máximo de cinco autores por cada un dos traballos presentados e cunha duración máxima de tres minutos. Así mesmo, as curtametraxes, que deberán ser orixinais e inéditas, poden ser mudas ou sonoras, en galego normativo e a técnica é libre, podendo gravarse en calquera dispositivo, mesmo teléfonos móbiles.

Na terceira edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, acadou o primeiro premio o traballo “Deixa pegaga”, realizada polos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela: Amitai Gómez González, Cristal Arias González e Meritxell Álvarez Aguión. Polo que atingue ao segundo premio da terceira edición, recaeu na curtametraxe “Poder de todos”, do estudante da Facultade de Ciencias-Bioloxía da Universidade de Vigo, Brais Piñeiro Fernández. Ambos traballos están colgados na canle de YouTube de ADOS: https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ

ADOS quere animar a que tomen parte nesta iniciativa todos os estudantes galegos, xa que promove unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos mozos, permitíndolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario