Ao longo da semana está previsto continuar os
traballos interrompidos en verán para evitar as molestias aos condutores nas
semanas de máis tráfico na zona
§
Esta semana prevense completar
as reparacións do firme que quedaron pendentes para o que se realizarán cortes
de carrís alternos, mantendo sempre a circulación polo carril libre da mesma
calzada, excepto no enlace de Ribadumia onde o tráfico será desviado a través
do mesmo
§
Na segunda semana de setembro realizaranse
traballos de corrección do peralte nunha curva que obrigarán ao corte da
calzada esquerda da autovía, desviándose o tráfico o carril da outra calzada
§
Os traballos de estendido da nova capa de rodadura a toda a lonxitude
da autovía e os ramais de enlace poderán iniciarse a partir da semana do 16 de
setembro, prevéndose desvíos de maior importancia entre os
enlaces de Curro e Ribadumia
§
As obras teñen un prazo de execución total de 8 meses, pero estímase
que coa planificación aprobada poderán estar rematadas este mesmo ano
A Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade retomará a partir deste luns as obras de renovación extraordinaria
do pavimento da AG-41, a Autovía do Salnés, actuación na que se está a investir
máis de 5,14 millóns de euros.
Ao longo desta primeira semana
de setembro está previsto así dar continuade aos traballos iniciados en xuño, e
que quedaron interrompidos a principios de xullo para evitar as molestias aos
condutores durante as semanas de máis tráfico do verán. Esta obra permitirá
dotar dunha nova capa de rodadura a toda a lonxitude da autovía e os ramais de
enlace, incluíndose na mesma o repintado de todas as marcas viarias e a
colocación de captafaros, ademais de melloras puntuais da drenaxe da auga de
chuvia.
Máis en concreto, no transcurso
desta semana as tarefas previstas consisten en completar os traballos de reparación
dos danos no firme que quedaron pendentes na primeira fase desta obra. Estes
traballos farán preciso cortes de carrís alternos, manténdose sempre o tráfico
polo carril libre da mesma calzada, a excepción duna reparación na zona do
enlace de Ribadumia, para o que o tráfico será desviado a través do mesmo
enlace.
Segundo a programación das
obras, na segunda semana de setembro realizaranse traballos de corrección do
peralte nunha curva que obrigarán ao corte da calzada esquerda da autovía,
desviándose o tráfico o carril da outra calzada, utilizando os pasos de mediana
máis próximos.
Posteriormente, xa na semana do
16 de setembro, está previsto comezar os traballos de estendido da nova capa de
rodadura, cuxa duración se estima en 5 semanas sempre que as condicións
meteorolóxicas sexan favorables. Neste caso está previstos desvíos de maior
importancia.
En particular, e dado que non
existe paso da mediana anterior ao enlace de Curro, os traballos de estendido
da nova capa de rodadura entre os puntos quilométricos 2 e 3,7, en ambas
calzadas, obrigarán ao desvío do tráfico entre os enlaces de Curro (punto
quilométrico 1,8) e Ribadumia (punto quilométrico 9,2), a través das estradas
PO-300, EP-9305 e VG-4.2.
Estas obras teñen un prazo de
execución total de 8 meses, pero estímase que coa planificación aprobada
poderán estar rematadas este mesmo ano 2019.
Cómpre lembrar que está
actuación está prevista no contrato de concesión desta infraestrutura
autonómica, e está a ser executada, por tanto, pola sociedade concesionaria, de
acordo cun proxecto supervisado e aprobado pola Axencia Galega de
Infraestruturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario