§  O proxecto, enmarcado en ‘O teu Xacobeo’, desenvolverase en dez
concellos polos que pasa a ruta interior e a da costa e inclúe desde teatro,
poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e
fotografía
 A Xunta e a Deputación de Pontevedra
desenvolverán nos meses de outubro e novembro Camiño A Dentro, un novidoso proxecto cultural con dez accións artísticas
en distintos concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués ou o Camiño
Portugués pola Costa. Todos os eventos correrán a cargo de mulleres artistas de
recoñecida traxectoria e inclúen desde música en vivo, poesía e teatro a
instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. Os actos
desta iniciativa, desenvolvida a través de Turismo Rías Baixas e enmarcada no
programa O teu Xacobeo impulsado pola
Xunta de Galicia, empezarán en Baiona o día 3 de outubro e rematarán o día 25
en Soutomaior. No mes de novembro terá lugar a presentación do catálogo do
proxecto.
Camiño A Dentro ten como obxectivo pór en valor o Camiño
desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres
artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e
peregrinas. O programa arranca nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona o día
3 e continuará nos días seguintes sucesivamente en Redondela, Caldas de Reis, O
Porriño, Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior. 
O proxecto
conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth
Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María
Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía
Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A
iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa
Mulleres en Acción.Violencia Zero da
Deputación de Pontevedra. 
O Camiño
Portugués é a segunda Ruta Xacobea máis transitada de cantas conducen a
Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos e peregrinas en 2018 e en
aumento constante nos últimos anos. O Camiño da Costa, que cruza todo o litoral
desde A Guarda deica Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de
peregrinos e peregrinas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao
país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un
grande abano de nacionalidades.
Camiño A Dentro afondará, cunha ollada cultural, na relación
entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e
peregrinas.
CALENDARIO:
| 
   
CONCELLO 
 | 
  
   
LUGAR/DÍA/HORA 
 | 
  
   
ARTISTA/ACCIÓN 
 | 
 
| 
   
BAIONA 
 | 
  
   
Xardíns
  da Casa da Navegación / Xoves 3 de outubro / 18:30 horas 
 | 
  
   
Dores
  Tembrás / Poesía, acción poética 
 | 
 
| 
   
REDONDELA 
 | 
  
   
Venres 4 de outubro / 18.30 no exterior de la Casa
  da Torre 
 | 
  
   
Carmen
  Quinteiro / Acción poética con música en vivo. 
 | 
 
| 
   
CALDAS DE
  REIS 
 | 
  
   
Xardín
  Botánico / Sábado 5 de outubro / Instalación
  durante o día, coa participación do público. Preséntase o resultado ás 18.00
  horas 
 | 
  
   
Ruth
  Montiel Arias / Instalación artística. 
 | 
 
| 
   
O PORRIÑO 
 | 
  
   
Praza
  do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello / Xoves 10 de outubro /  12:00
  horas 
 | 
  
   
Dúas,
  Sabela Caridad e Marta Figueiredo / Percusión 
 | 
 
| 
   
OIA 
 | 
  
   
Inmediacións
  do mosteiro de Oia-Praza Centinela / Venres 11 de outubro / ás 18.00 horas 
 | 
  
   
María
  Meijide / Pintura e ilustración 
 | 
 
| 
   
A GUARDA 
 | 
  
   
Praza do
  Reló, diante do Concello / Mércores
  16 de outubro / ás 18:30h 
 | 
  
   
Inherente
  / Teatro 
 | 
 
| 
   
PONTEVEDRA 
 | 
  
   
Praza da Ferraría / Xoves 17
  de outubro/ ás 12.30 horas 
 | 
  
   
Lucía
  Loren / Instalación Artística. 
 | 
 
| 
   
NIGRÁN 
 | 
  
   
Praza do
  Concello/ Venres 18 de outubro/ ás 19.30 horas 
 | 
  
   
Carla
  Andrade / Fotografía e videocreación. 
 | 
 
| 
   
TUI 
 | 
  
   
Sábado 19 de outubro / Praza de San Fernando (diante da Catedral) / ás 18:30 horas 
 | 
  
   
Nastasia
  Zürcher / Música 
 | 
 
| 
   
SOUTOMAIOR 
 | 
  
   
Venres 25 de outubro / ás 12.00 horas / 
 | 
  
   
Helen
  Bertels / Acción Escénica 
 | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario