A Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI), co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, lanzan a cuarta convocatoria para participar no coworking do Viveiro de Empresas de Barro.
A través desta iniciativa darase cabida, de xeito gratuíto, a outros 20 proxectos emprendedores da provincia en fase de desenvolvemento ou creados recentemente.
A Deputación volve ofrecer esta ferramenta a tódalas persoas emprendedoras interesadas. Para elo impartirá unha xornada de portas abertas o próximo día 17, martes, no espazo Coworking, situado no viveiro empresarial de Barro, en horario de 13.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 17.30 horas.
A información sobre esta xornada estase facendo chegar a asociacións, a algúns centros educativos especializados e a entidades relacionadas co emprego. Ademais está confirmada a participación entre os días 10 e 12 na feira MindTech (o salón do sector industrial, metalúrxico e metalmecánico) de Vigo, e no evento do emprendemento Pont Up Store que se celebra en Pontevedra entre os días 19 e 21 deste mes.
https://pontevedraviva.com/xeral/57397/deputacion-cuarta-edicion-coworking-barro-puertas-abiertas/
No hay comentarios:
Publicar un comentario