O Grupo Socialista de Barro presenta unha mocion no pleno da Corporación municipal, que se celebra este mércores 24 de setembro, demandando ao Concello a rehabilitación da Escola de Faxil na parroquia de Agudelo.
Na actualidade, é o único local que ten a parroquia de Agudelo para desenvolver a sua actividade social, sendo utilizado como colexio electoral desta parroquia.
Ademáis, este edificio público acolle tanto as reunións de traballo e
asambleas da Comunidade de Montes de Agudelo como as actividades do
Colectivo Espazo 16, que leva realizado de forma exitosa catro edicións
do ciclo Especies de Espazos cunha subvención da Xunta de Galicia.
"Para nos, a recuperación deste edificio público é unha actuación que se debe ter en conta como un dos proxectos para usar con parte do Remanente de Tesoureria ou nun proxecto do Plan Concellos 2020.
Cambiarlle o tellado e preparar o primeiro andar son necesidades básicas para este edificio que ben merece ser recuperado, cumprindo cunha débeda histórica coa parroquia de Agudelo, ao igual que se fixo a pasada lexislatura na parroquia de Barro tamén a instancias da nosa iniciativa", argumenta o Portavoz e Secretario Xeral dos Socialistas de Barro, José Sanmartín.
Asimesmo, a moción socialista presentada por José Sanmartín demanda que o Concello renove urxentemente o peche da parcela, xa que na zona oeste, xusto enriba da pista que vai a Faxil, o balado de peche carece de malla, polo que se poden producir caídas dende unha altura considerable.
A maiores, solicita que a zona que usa habitualmente o Colectivo Espazo 16 ,se coloque unha placa identificativa co nome de “Salón Especies de Espazos” ou outro similar que poida xenerar un consenso e que represente o recoñecemento a dito colectivo.
Por outra banda, o Grupo Socialista felicita ao Colectivo Espazo 16 por a gran calidade das actividades realizadas. "Parabéns a Sheila Garcia e as suas compañeiras de aventura que xa vai na cuarta edición", sinala Sanmartín

No hay comentarios:
Publicar un comentario