§ Nos centros galegos de educación
infantil están matriculados 59.519 alumnos e alumnas, case o mesmo número ca no
curso anterior
§ En primaria mantense tamén case invariable
o alumnado, con 136.161 estudantes
§ Case 9 de cada 10 alumnos galegos
rematan Primaria estudando o curso que lles corresponde por idade
O mércores 11 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de
infantil, primaria e educación especial para 196.900 nenas e nenos, o que supón
un 0,5 % menos ca no curso 2018/19, segundo os datos provisionais recompilados
polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de
matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
Educación
Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 59.519 alumnos
comezarán este ano nas aulas de educación infantil, o que supón un 0,1 % máis ca no curso
2018/19.
Por tipo de centros e provincias queda do
seguinte modo:
Centros públicos
|
Centros privados concertados
|
Centros privados non concertados
|
|
A Coruña
|
18.274 alumnos
|
6405 alumnos
|
715 alumnos
|
Lugo
|
4676 alumnos
|
1635 alumnos
|
89 alumnos
|
Ourense
|
3730 alumnos
|
1934 alumnos
|
0 alumnos
|
Pontevedra
|
14.774 alumnos
|
6801 alumnos
|
486 alumnos
|
Total
|
41.454 alumnos
|
16.775 alumnos
|
1290 alumnos
|
Ademais hai que sinalar que nesta etapa
educativa o alumnado non nacionalizado español se incrementou case un 19%
respecto do curso anterior:
2018/19
|
2019/20
|
|
Total
|
1248 alumnos
|
1485 alumnos
|
Educación
Primaria
Por outra banda, as mesmas previsións que
manexa a Consellería indican que 136.161 alumnos tamén comezarán o mércores as
clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma
cifra ca no curso anterior (un 0,8% menos).
Centros públicos
|
Centros privados concertados
|
Centros privados non concertados
|
|
A Coruña
|
41.367 alumnos
|
14.953 alumnos
|
1329 alumnos
|
Lugo
|
10.162 alumnos
|
3404 alumnos
|
262 alumnos
|
Ourense
|
8410 alumnos
|
4342 alumnos
|
0 alumnos
|
Pontevedra
|
35.585 alumnos
|
15.057 alumnos
|
1290 alumnos
|
Total
|
95.524 alumnos
|
37.756 alumnos
|
2881 alumnos
|
No caso da educación primaria o número de
alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 6,6%
máis:
2018/19
|
2019/20
|
|
A Coruña
|
1550 alumnos
|
1652 alumnos
|
Lugo
|
603 alumnos
|
643 alumnos
|
Ourense
|
476 alumnos
|
507 alumnos
|
Pontevedra
|
1309 alumnos
|
1396 alumnos
|
Total
|
3938 alumnos
|
4198 alumnos
|
Educación
especial
No que atinxe á educación especial, o número
estimado de matriculados para este curso é de 1220, 32 alumnos máis ca
no 2018/19.
Por tipo de centros e por provincias queda do
seguinte modo:
Centros públicos
|
Centros privados con concerto
|
|
A Coruña
|
206 alumnos
|
285 alumnos
|
Lugo
|
76 alumnos
|
12 alumnos
|
Ourense
|
91 alumnos
|
43 alumnos
|
Pontevedra
|
196 alumnos
|
311 alumnos
|
Total
|
569 alumnos
|
651 alumnos
|
Centros
escolares e docentes
Os centros –públicos, privados
e concertados– que desde o 11 de setembro impartirán ensinanzas de educación infantil
e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:
A Coruña
|
Lugo
|
Ourense
|
Pontevedra
|
Galicia
|
|
Educación Infantil
|
47
|
4
|
3
|
57
|
111
|
Educación Primaria e Infantil(1)
|
239
|
90
|
85
|
225
|
639
|
Educación Primaria e ESO(2)
|
54
|
26
|
20
|
64
|
164
|
Educación especial
|
15
|
2
|
3
|
15
|
35
|
TOTAIS
|
355
|
122
|
111
|
361
|
949
|
(1) Inclúen os centros
que imparten só educación primaria
(2) Inclúense os
centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
No referido ao profesorado, os datos
estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos
e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de
curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.101 docentes.
Servizos
complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar
empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados
pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente
para o seu axuste ás necesidades actuais.
Así, este ano, a falta de que se pechen as
últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 76.987, das
cales 14.890 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou
convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as
entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores,
deles 300 de forma directa e 134 de forma indirecta (a través de empresas que serven menús con
todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son
responsables de 130 comedores e os Concellos de 52. Neste sentido, cómpre lembrar que a
Consellería subvenciona os menús de arredor de 4700 comensais nestes 52 centros
escolares de 15 concellos de toda Galicia. Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor
escolar a 507 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de
convenios con 15 entidades.
No que atinxe ao transporte, prestarase
servizo –segundo as estimacións provisionais- a 88.054 alumnas e alumnos
de 776 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 314
alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de
convenios con 13 entidades. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade
do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo
complementario.
Indicadores
educativos
Este ano
por primeira vez a publicación Datos e cifras do ensino non universitario, que
edita a Consellería ao inicio de cada curso escolar, inclúe a evolución de
diversos indicadores educativos de relevancia.
Deste
xeito, compílanse os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) respecto
da taxa de abandono educativo temperá, que a finais de 2017 era en Galicia case
11 puntos máis baixa que en 2009 e 3,4 puntos menor que a media española. Neste
sentido cómpre lembrar que a taxa de abandono educativo temperá continúa
descendendo en Galicia, dado que, segundo os datos do Instituto Galego de
Estatística (IGE) a media do ano 2018 foi de 14,3 puntos.
Así mesmo,
recóllense os datos da taxa de idoneidade aos 12, 14 e 15 anos, que está en
todos os casos por riba da media española. Cabe salientar que no caso do
alumnado que remata a primaria a taxa ascende ao 87,2%, isto é, case 9 de cada
10 alumnas e alumnos galegos estudan o curso escolar que lle corresponde por
idade.
Por outra
banda, inclúese os resultados dos últimos informes PISA con mostra galega (anos
2006, 2009, 2012 e 2015). Neste sentido destaca o último dos estudos, no que o
alumnado galego colleitou resultados superiores á media española e á media da
OCDE en todas as competencias analizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario