OS AVANCES NA RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DA AUTOVÍA DO SALNÉS OBRIGAN A DESVIAR O TRÁFICO A PARTIR DO MÉRCORES EVITANDO CORTES NA CIRCULACION - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 26 de septiembre de 2019

OS AVANCES NA RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DA AUTOVÍA DO SALNÉS OBRIGAN A DESVIAR O TRÁFICO A PARTIR DO MÉRCORES EVITANDO CORTES NA CIRCULACION



 Os traballos de estendido da nova capa de rodadura aplícanse en toda a lonxitude da AG-41 e nos ramais de enlace, e terá unha duración estimada de 5 semanas



§  Case todos os desvíos realizaranse trasladando o tráfico ao carril interior da outra calzada entre os dous pasos de mediana máis próximos ao tramo en execución
§  A intervención entre os enlaces de Curro e Ribadumia, que se realizará en dúas fases, fará necesario a derivación total do tráfico a través das estrada  PO-300,  EP-9305 e  VG-4.2 e se prevé completar cada unha das mesmas nunha única xornada
§  Se as condicións meteorolóxicas o permiten, en sentido Sanxenxo habilitarase o desvío este xoves, e en sentido AP-9 producirase a finais de outubro coincidindo coa última xornada dos traballos
§  Na programación das obras tense en conta a celebración da Festa do Marisco do Grove, do 3 ao 13 de outubro, que non coincidirá con ningún destes desvíos totais
§  Esta actuación extraordinaria prevista pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no contrato de concesión desta infraestrutura supón un investimento superior aos 5,1 millóns de euros

Os avances na execución das obras de renovación extraordinaria do pavimento na autovía do Salnés obrigarán a desviar o tráfico a partir desde mércores, día 25, para o que se habilitarán pasos alternativos evitando cortes na circulación dos vehículos, ao tempo que se compatibilizan as necesidades das obras e garante a seguridade dos usuarios e operarios.

Trátase da execución dos traballos de estendido da nova capa de rodadura a aplicar en toda a lonxitude da AG-41 e nos ramais de enlace, que se estenderá a calzada completa para evitar a formación de xuntas lonxitudinais na mesma. A intervención terá unha duración estimada de 5 semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.


Tan só haberá dúas excepcións no tipo de desvío necesario para executar estas obras,  que coincide cos traballos de estendido da nova capa de rodadura entre os enlaces de Curro e Ribadumia, dos puntos quilométricos 3 a 3,7, en ambas as calzadas. Traballos cuxa execución fan necesario o desvío  total do tráfico.

Deste xeito, dado que non existe paso de mediana anterior á Ligazón de Curro, é obrigado o desvío do tráfico entre os enlaces do Curro (punto quilométrico 1,8) e Ribadumia ( punto quilométrico 9,2), a través da estrada  PO-300,  EP-9305 e  VG-4.2, nun traxecto dun 11,5 quilómetros.

Máis en concreto, en sentido Sanxenxo este desvío producirase o día de comezo dos traballos, que se as previsión meteorolóxicas o permiten poderán efectuarse este xoves día 26, mentres que en sentido AP-9 o desvío producirase na última xornada de traballos, prevista para finais de outubro.  Os desvíos serán sinalizados en cada cruzamento dese percorrido, e cada unha destas fases se prevé completar nunha única xornada.

No enlace de San Martiño (Meis), o tráfico en sentido Sanxenxo desviarase aproveitando a vía colectora que discorre paralela á área de servizo.

Nalgúns casos os desvíos impedirán que os vehículos poidan saír da autovía do Salnés por algún enlace no sentido de circulación, para o que se garantirá sempre a circulación ata o seguinte enlace e facer un cambio de sentido para saír polo enlace desexado desde a outra calzada, o que estará adecuadamente sinalizado. Igualmente o acceso á AG-41 a través dun enlace deberá facerse puntualmente en sentido contrario para facer o cambio de sentido no anterior e pasar a circular xa no sentido desexado.

Cabe sinalar tamén que na programación desta intervención tense tamén en conta a celebración da Festa do Marisco do Grove, do 3 ao 13 de outubro, que no coincidirá  con ningún destes desvíos totais.

Cómpre lembrar que esta actuación da continuidade aos traballos iniciados o pasado mes de xuño, e interrompidos en verán para retomarse novamente en setembro, e que supoñen un investimento superior aos 5,1 millóns de euros. As obras teñen un prazo de execución total de 8 meses, pero estímase que coa planificación aprobada poderán estar rematadas este mesmo ano.
Está actuación está prevista no contrato de concesión desta infraestrutura autonómica, e está a ser executada, por tanto, pola sociedade concesionaria, de acordo cun proxecto supervisado e aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario