Aprobado o expediente para 'poñer á venda' 22 parcelas no polígono de Curro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 30 de enero de 2022

Aprobado o expediente para 'poñer á venda' 22 parcelas no polígono de Curro

A Corporación amosou o seu pesar polo falecemento da ex-alcaldesa do Porriño Eva García de la Torre. DP
A Corporación amosou o seu pesar polo falecemento da ex-alcaldesa do Porriño Eva García de la Torre. DP
O Pleno provincial deu luz verde ao proceso para sacar a concurso o alleamento ou constitución dun dereito de superficie dos terreos, que suman unha superficie total de 74.578 metros cadrados

A Deputación pretende atopar empresas que se asenten nas 22 parcelas que aínda permanecen baleiras no polígono de Outeda-Curro, en Barro. Para iso, o Pleno provincial aprobou este venres un novo expediente para convocar un concurso público destinado a encontrar compradores. Máis exactamente, as empresas interesadas poderán optar, mediante procedente aberto, ao alleamento ou á constitución dun dereito de superficie sobre esas parcelas dispoñibles. As superficies das mesmas varían entre os 2.000 e os 9.000 metros cadrados (entre todas suman un total de 74.578 metros) e, segundo indicou a Deputación, poderán dar resposta a multitude de proxectos empresariais. 

O prezo polo que saen segue sendo o mesmo de anteriores expedientes: 99 euros máis IVA por metro cadrado.

REDE DE CIDADES SAUDABLES. Por outra banda, o Pleno tamén aprobou por unanimidade a adhesión da Deputación á Rede de Cidades Saudables, promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O acordo permitirá acceder as axudas, por importe global de 18 millóns de euros nos próximos tres anos, para desincentivar o uso dos vehículos privados e promover formas alternativas de mobilidade. A rede fomentará a execución de carrís bici e infraestruturas para a realización de actividade física ao aire libre, así como de rutas e circuítos saudables entre o medio urbano e periurbano.

Font garante a continuidade do plan para recuperar os castros
A moción presentada polo PP para que a Deputación asumise directamente a recuperación dos xacementos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia no caso de que o Ministerio de Fomento suspenda as seguintes fases foi desestimada cos votos en contra do Goberno provincial. O vicepresidente, César Mosquera, expresou a súa sorpresa diante dunha moción que cualificou como "preventiva" e o voceiro do grupo socialista, Carlos López Font, lembrou que este protocolo fora asinado en 2015 polo anterior presidente Louzán pero este non fixera nada para materializalo.

Explicou que foi o actual Goberno quen aprobou dúas prórrogas do protocolo, "unha vez que durante toda etapa de Rajoy nin se redactaron, nin se aprobaron os proxectos". Con todo, insistiu en que "é a Xunta quen debería estar recuperando os xacementos, en virtude das súas competencias".

Font afirmou que, unha vez rematada a primeira fase do protocolo que xa significou a recuperación dos castros de Alobre (Vilagarcía), Toiriz (Silleda) e A Subidá (Marín) "están en revisión outros 11 proxectos", polo que "o plan de recuperación dos xacementos non está paralizado, senón en marcha e se xorden incidencias iranse tomando decisións oportunas".

Pola súa banda, o voceiro do PP, Jorge Cubela, amosou "dobre preocupación", por unha banda, polo "atraso na posta en valor" dos castros e, por outra, polas recentes mostras do Goberno central, que di ter dúbidas para continuar coas seguintes fases do protocolo. "Cando se trata de pedirlle ao Goberno de Madrid que cumpra, vostedes quedan calados", recriminoulle ao bipartito.
 
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/aprobado-expediente-poner-venda-22-parcelas-poligono-curro/202201291634351182964.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario