A XUNTA RETIROU DAS PRAIAS GALEGAS 3.573 QUILOS DE PELLETS E 12.528 QUILOS DOUTROS PLÁSTICOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 28 de enero de 2024

A XUNTA RETIROU DAS PRAIAS GALEGAS 3.573 QUILOS DE PELLETS E 12.528 QUILOS DOUTROS PLÁSTICOS

 


O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 39 areais pertencentes a 25 concellos

O dispositivo despregado pola Xunta nas praias para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao en augas portuguesas permitiu recuperar ata o momento 3.573 quilos deste material, o equivalente a 143 sacos. Ademais, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais preto de 12.528 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

No día de onte, o persoal mobilizado polo Executivo galego sacou das praias algo máis de 13 quilos de pellets, o equivalente a medio saco deste material, así como 736 quilos doutro lixo plástico que pode depositarse no contedor amarelo.

A maiores, desde o inicio do operativo os efectivos da Xunta contabilizaron a recollida doutros 1.272 quilos de pellets, o equivalente a preto de 51 sacos, froito do labor dalgúns voluntarios -que entregaron a pé de praia as cantidades obtidas ao finalizar as súas xornadas de traballo- ou dos sacos recuperados enteiros ou case cheos polos concellos e que foron retirados nos últimos días pola Administración galega para o seu traslado a un punto de almacenaxe.

No día de hoxe o operativo de vixilancia, detección e limpeza nos areais está a traballar en 39 praias pertencentes a 25 concellos.

Neste sentido, os técnicos do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) recomendaron onte pola tarde reducir o nivel de alerta polo episodio dos pellets do mercante Toconao e iniciar unha desescalada progresiva dos medios de limpeza nas praias, mantendo unha vixilancia que permita actuar con axilidade ante calquera posible cambio na situación. De feito, hoxe mesmo trasladóuselle por carta esta proposta á Delegación do Goberno en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario