O novo Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de 9,5 millóns de euros aos concellos da contorna de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 5 de enero de 2024

O novo Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de 9,5 millóns de euros aos concellos da contorna de Pontevedra

 


Son 700.500 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos no 2023

 

O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

 

Os concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo e Vilaboa recibirán este ano máis de 9,5 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación, o que supón 700.500 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 8,8 millóns de euros. O presidente Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro  unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

 

O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

 

No caso da contorna de Pontevedra, os 9.544.639 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 6,7 millóns de euros a novos investimentos, 792.205 euros a gasto corrente, 1,8 millóns de euros a fomentar o emprego e 239.000 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

 

En concreto, Barro recibirá 494.162 euros, 35.126 euros máis que o pasado ano; Caldas de Reis 793.803 euros, 23.320 máis que no 2023; Campo Lameiro 461.818 euros, 67.938 máis que o ano que acaba de rematar; Cerdedo-Cotobade 843.896 euros, 75.025 euros máis; Cuntis 625.671 euros, 45.438 máis que con respecto ao ano pasado; A Lama 579.193 euros, 74.833 máis que no 2023; Marín 1.112.319 euros, 79.083 euros máis; Moraña 544.393 euros, 39.376 euros máis; Poio 1.153.435 euros, o que supón 71.532 euros máis que o ano anterior; Ponte Caldelas 648.578 euros, 45.412 euros máis; Portas 443.404 euros, 40.539 máis que no 2023; Sanxenxo 1.273.324 euros, 77.179 euros máis e Vilaboa 570.644 euros, 25.704 máis que o pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario