
― A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que, grazas aos doantes de sangue, é posible
atender unha media diaria de 2.800 urxencias, realizar un transplante de órganos e realizar unhas 800
intervencións cirúrxicas
― A campaña “Doa Sangue. O mellor agasallo” desenvólvese en preto dun cento de concellos galegos
durante o período de Nadal.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere agradecer a todas as persoas que teñen doado sangue durante o presente 2025, a súa solidariedade e a súa activa participación nas campañas de doazón. Grazas a súa contribución, foi posible levar a cabo, diariamente, unha media de 800 intervencións cirúrxicas, un transplante de órganos e atender 2.800 urxencias.
A elevada participación dos doantes posibilitou que os hospitais galegos levarán a cabo con normalidade a súa actividade asistencial e que moitas persoas solucionaran o seu problema de saúde e, mesmo, salvarán a súa vida.
Campaña de Nadal
A Axencia lembra que durante o período de Nadal está a desenvolver unha campaña especial de doazón
baixo o lema “Doa sangue. O mellor agasallo”, co obxectivo de incentivar a participación da cidadanía. Os períodos vacacionais soen presentar un descenso no número de doazóns de sangue, polo que a ADOS promove unha campaña especial que achegará as unidades móbiles da Axencia ata preto dun cento de concellos galegos entre o 10 de decembro e o 7 de xaneiro.
A campaña “Doa Sangue. O mellor agasallo” tenta achegar á cidadanía galega a realidade do día a día de moitos enfermos, que precisan dunha doazón de sangue para solucionar o seu problema de saúde. Neste sentido, o lema da campaña convida aos doantes a “agasallar” con saúde a persoas que precisan da súa solidariedade durante todo o ano, pero especialmente nestas datas.
Ademais, salientar que a participación dos doantes faise especialmente precisa neste período do ano xa que enfermidades como a gripe ou enfermidades víricas respiratorias repercuten nas reservas dos distintos grupos sanguíneos, debido a que estas doenzas impiden a doazón ata a recuperación da persoa afectada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario