Luis López informa que a Deputación retirará a sinatura de Leire Díez do libro de honra da institución, no que asinou en abril do 2022 convidada pola anterior presidenta - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 17 de junio de 2026

Luis López informa que a Deputación retirará a sinatura de Leire Díez do libro de honra da institución, no que asinou en abril do 2022 convidada pola anterior presidenta

 La Deputación retirará de su libro de honor la dedicatoria firmada por Leire  Díez

 El PP airea un vídeo de Carmela Silva con la «fontanera» Leire Díez en el  2022


“Non podemos deixar pasar porque atinxe esta institución e a súa boa imaxe e porque nos abochorna como provincia e goberno. Non merece estar nin un minuto máis entre as persoas que si nos honraron coa súa presenza nesta casa”, sostén López


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres que a Administración provincial retirará do seu libro de honra a dedicatoria asinada por Leire Díez. Esta persoa, vencelleada ao PSOE e investigada pola súa implicación en diversas tramas que buscaban obstaculizar a acción da Xustiza, foi recibida con honores en abril do ano 2022 pola anterior presidenta da Deputación e actual concelleira de Vigo e presidenta do PSdeG, quen a convidou a asinar no libro de honra da Deputación con motivo da presentación dun selo sobre a Catedral de Tui cando Díez ocupaba o cargo de directora de Relacións Institucionais de Correos. “Non podemos deixar pasar porque atinxe esta institución e a súa boa imaxe e porque nos abochorna como provincia e goberno. Á vista do xa coñecido e á marxe dos procedementos xudiciais en marcha non merece estar nin un minuto máis entre as persoas que si nos honraron coa súa presenza nesta casa”, explicou López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario