Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 25 de julio de 2018

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A DOAR Á CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS A POSITIVO E A NEGATIVO




    Diariamente, os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial
     
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

A dirección da Axencia convida ás galegas e galegos a continuar amosando neste período vacacional o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de xullo, así como no resto do período estival.

No hay comentarios:

Publicar un comentario