Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 10 de julio de 2018

O RURAL GALEGO CONTARÁ CON 15 NOVAS CASAS NIÑO MÁIS A TRAVÉS DUNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS


 
§  Destaca que o obxectivo desta convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia e dar atención a 305 rapaces de 0 a 3 anos
§  Subliña que as axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación dunha nova convocatoria de axudas que permitirá a creación de 15 novas casas niño no rural.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que a día de hoxe o rural galego conta con 46 casas niño -3 na provincia da Coruña, 13 en Lugo, 27 en Ourense e 3 en Pontevedra- que, cun investimento de preto de 5 millóns de euros, ofrecen 230 prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia.

O presidente do Goberno galego aseverou que o obxectivo desta convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia e dar atención a 305 rapaces de 0 a 3 anos. Como principal novidade cómpre subliñar que, no suposto de que haxa máis demanda de prazas que oferta, terán prioridade as solicitudes de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Ao igual que nas convocatorias anteriores, as casas niño atenderán a un máximo de cinco nenos de xeito simultáneo e coas máximas garantías de calidade, ofrecendo atención diúrna de luns a venres, nun máximo de oito horas diarias para cada neno e cun horario pactado co profesional.

En canto ás axudas, subvencionarase a reforma e adaptación da vivenda ou seu equipamento, entre outros aspectos.

As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros, mentres que a achega pola prestación da atención personalizada consistirá nunha prima de 19.600 euros/ano, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andaina.

O presidente do Executivo autonómico concluíu subliñando que o obxectivo do Goberno galego é que no 2020 todos os concellos galegos teñan un recurso de conciliación para nenos de 0 a 3 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario