§
A Axencia Tributaria de
Galicia dispón de persoal especializado para atender a este colectivo no resto
das delegacións e nos servizos centrais
§
Dende o pasado 1 de xaneiro,
pódese presentar a solicitude nas oficinas da Agencia Tributaria do Estado
(AEAT) ou da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
§
O formulario tamén se pode
presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es)
e da ATRIGA (www.atriga.es)
A Delegación
Territorial da Xunta en Pontevedra, segundo recordou hoxe o delegado
territorial, José Manuel Cores Tourís, conta con persoal especializado, a
través dun axenta da Axencia Tributaria de Galicia para facilitar información e
asistencia aos pensionistas retornados para cumprimentar as solicitudes de condonación e a devolución das
sancións, os recargos e os xuros de demora que foron pagados por este colectivo
O funcionario está situado, segundo explicou o
delegado territorial, no terceiro andar do edificio administrativo de
Campolongo, na cidade do Lérez.
Ademais, o organismo tributario da Xunta
dispón dunha persoa no resto de delegacións da Xunta e nos servizos centrais
para axudar aos pensionistas retornados neste procedemento. A Consellería de Facenda lembra que
este colectivo pode presentar o formulario de devolución dende o pasado 1 de
xaneiro.
Así, os
pensionistas retornados poden presentar a súa solicitude nas dependencias da
Agencia Tributaria do Estado (AEAT) ou nas delegacións da Axencia Tributaria de
Galicia (ATRIGA). Este formulario tamén se pode presentar a través das páxinas
web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es).
Segundo
explicou Cores Tourís, os pensionistas retornados “poden deste xeito
cumprimentar o formulario de solicitude consignando os datos persoais; os anos
correspondentes á débeda que orixinou as sancións, os recargos e os xuros de
demora; e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades
abonadas”.
A Xunta de Galicia ten ofrecido colaboración á
AEAT para axudar aos pensionistas retornados neste procedemento. Ademais, aínda
que se trata dun formulario sinxelo, a Axencia Tributaria de Galicia ten
habilitado tamén un teléfono de información (881.995.284) para facilitar información sobre
o proceso de devolución de sancións, recargos e xuros de demora a este
colectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario