O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael
Louzán, informou hoxe en rolda de prensa que, dende abril do 2013 (data de
inicio da súa actividade) o Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) da
Deputación de Pontevedra en Armenteira realizou 4.000 intervencións nos 50
concellos adheridos.
Por comarcas, O Salnés tivo 966 intervencións; Vigo
con 848; a comarca de Pontevedra, 373 intervencións; a do Deza 359 intervencións;
a de Caldas, 353; a de Tabeirós-Montes, 272; a do Condado, 267; no Baixo Miño
243; en Paradanta 218; e no Morrazo (solo Marín) 125.
600
adopcións
Neste periodo de tempo, o CAAN tramitou máis de 600
adopcións. Outros 500 cans están no
Centro e agardan atopar un novo fogar moi pronto.
A
aposta do CAAN pola adopción dos animais
recollidos foi patente dende un principio, subvencionando os custos da adopción
para todos os interesados que demostraron a súa conduta responsable,
priorizando esta opción fronte a outras. A maiores desenvolveronse campañas de
sensibilización para o fomento da adopción e para a prevención do abandono.
Dende o inicio da última campaña E ti, de
quén ves sendo, no mes de novembro de 2014, a porcentaxe de adopcións
supera a de unha diaria.
A adopción non supón ningún custe para o
interesado, premiando así a decisión de adoptar fronte a de comprar un animal.
Os animais entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e
identificados.
Chamamento
de Louzán
A
gravidade do problema do abandono dos animais dedúcese das máis de 4.000
intervencións que, nos case 2 anos de funcionamento realizou o CAAN. O que
supón que os operarios do centro xestionado pola empresa pública Tragsa
acudiron a chamadas alertando de cans abandonados practicamente seis veces ó
día.
Louzán
fixo un chamamento de solidaridade e responsabilidade á sociedade para que se
implique nas doazóns de animais a familias e revelou que varios alcaldes
remitiron á Deputación cartas de felicitación polo bó Servizo que presta o CAAN
aos concellos solucionándolles un grave problema que, ata o de agora, non
podían solucionar.
Na súa comparecencia, informou tamén que a páxina
web www.caan.depo.es
recibiu 18.000 visitas e dixo que, a través dela, ou no teléfono 986 140 360
informan das adopcións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario