A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM DE BARRO QUE PERMITIRÁ A ORDENACIÓN DO SISTEMA VIARIO E A CREACIÓN DE NOVOS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 29 de enero de 2015

A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM DE BARRO QUE PERMITIRÁ A ORDENACIÓN DO SISTEMA VIARIO E A CREACIÓN DE NOVOS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS


  • O obxecto da modificación puntual aprobada polo Consello é mellorar as conexións  internas entre os núcleos de poboación, así como o acceso ao núcleo urbano de Santo Antoniño que exerce a capitalidade do concello
  • Facilitarase tamén a creación de tres novos equipamentos públicos: un centro deportivo, un centro administrativo municipal e unha residencia pública de anciáns

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobou a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro, en Pontevedra.

O obxecto da modificación puntual  é mellorar as conexións  internas entre os núcleos de poboación, así como o acceso ao núcleo urbano de Santo Antoniño que exerce a capitalidade do concello e no cal se crearán 3 novos equipamentos públicos: un centro deportivo,  un centro administrativo municipal e unha residencia pública de anciáns.

Esta modificación puntual abarca 3 ámbitos contiguos ao núcleo urbano de Santo Antoniño que teñen por obxecto:

  • Valbón. Apertura de nova vía e alargamento da existente, coa finalidade de adaptar a actual estrutura viaria aos novos desenvolvementos residenciais, desconxestionando a N-550 ao conectar  a capitalidade municipal cos núcleos rurais do oeste. Prevense 5 ramais de largo variable (12 a 20 metros),  2 carrís de circulación, unha beirarrúa e unha banda verde.

  • Outeiro. Creación dun novo equipamento público deportivo contiguo ao núcleo urbano de Santo Antoniño, nun ámbito de 63.973,30m2 de solo rústico de protección forestal que se reclasifica solo urbanizable delimitado cualificado como sistema xeral de equipamento deportivo, incorporando a ordenación detallada de 4 ordenanzas específicas: equipamentos, zonas verdes, servizos urbanos e rede viaria.

O informe da  Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes do 28.10.2014 acredita que a zona non presenta ningún interese forestal nin valores naturais significativos para protexer.

  • Santo Antoniño. Reordénase un espazo libre público existente e créanse 2 equipamentos: un centro administrativo municipal e unha residencia pública de anciáns. Á súa vez unifícanse a aliñación da N-550.

  • O Concello de Barro conta cunha poboación de algo máis de 3.700 persoas e dispón dun PXOM aprobado definitivamente o 23 de maio de 2003.

    \\xunta.local\sa01000\Mduran\Mis documentos\MARÍA DURÁN\FICHAS\FICHAS CONSELLOS\2015\MP 2 BARRO\Nueva imagen.PNG

No hay comentarios:

Publicar un comentario