A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe destinar
365.000 euros para axudas básicas de Emerxencia en concellos de menos de 20.000
habitantes.
As axudas xorden co obxecto de lles
proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de
maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de
urxente e puntual necesidade dos cidadáns do concello que se atopen en
situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas
con menores ó seu cargo que estean nesa situación.
Cuantía e beneficiarios
Nas bases
hoxe aprobadas, establécese unha contía máxima dispoñible para cada concello da
provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes, en función da poboación
e da porcentaxe de desemprego en relación ó total da súa poboación, respectando
as cantidades subvencionadas na convocatoria do ano anterior.
As persoas
usuarias beneficiarias das axudas básicas de emerxencia serán persoas maiores
de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes
da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos
sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos
suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda.
Daráselle prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ó seu
cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.
Alimentación, Farmacia, Vivenda, infancia....
As axudas son para Alimentación (compra de
alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como
complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos
para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias
prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). E tamén para uso da
vivenda (destinadas a posibilitar que se
continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas de alugueiro que
impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira excepcional,
cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda non sexa maior
de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de
subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento
enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á
compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia,
líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón,
desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.).; para pago de farmacia;
adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a
recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos
a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro
deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días
naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Estas axudas aboaránselles directamente ós concellos logo
da súa aprobación en nta de Goberno. Procederase
ó pagamento anticipado do 50 % da axuda provincial logo de comprobar de oficio
que a entidade receptora cumpre coas obrigas tributarias coa Deputación de
Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario