§
Esta cifra supuxo un incremento do 1,94% en comparación coas
rexistradas no ano 2013
§
A rede pública de albergues da Xunta de
Galicia abarca no Camiño Portugués 10 aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos
un total de 441 prazas
§
O pasado ano recolleron a
Compostela un total de 35.491 peregrinos procedentes do Camiño Portugués, un
20,1% mais que no ano 2013
§
Turismo de
Galicia promoveu a constitución dunha mesa de traballo permanente do Camiño
Portugués para a potenciación desta ruta e o traballo coordinado entre as administracións locais,
provincial e autonómica
A rede pública de albergues do Camiño
Portugués, xestionada por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do
Plan Xacobeo, experimentou no pasado ano 2014 un incremento no seu número de
pernoitas.
En total
rexistráronse nos albergues do Camiño Portugués 48.230 pernoitas no pasado ano,
o que supuxo un incremento do 1,94% en comparación coas rexistradas no ano 2013.
As rutas que
experimentaron un maior crecemento no que a número de pernoitas se refire o
pasado ano xunto ao Camiño Portugués foron o Camiño Inglés –cun incremento do
61,08%- e o Camiño Norte –cun incremento do 5,68%-.
A rede
pública de albergues da Xunta de Galicia abarca no Camiño Portugués 10 aloxamentos
públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 441 prazas.
O número de peregrinos que realizan o Camiño
Portugués tamén aumentou no 2014. Así durante o pasado ano recolleron a
Compostela un total de 35.491 peregrinos procedentes do Camiño Portugués, un 20,1%
máis que no ano 2013.
O Camiño Portugués é un dos produtos estrelas
que reforzan a unión de Galicia e o Norte de Portugal ao constituír un trazado
que transcorre entre os dous territorios ata a súa culminación en Santiago de
Compostela.
Así, Turismo de Galicia aposta firmemente
por esta ruta e traballa a prol da súa revitalización, conservación e
dinamización desta ruta.
Mesa de
traballo permanente do Camiño Portugués
Nesta liña, Turismo de Galicia promoveu a constitución dunha mesa de traballo permanente do Camiño Portugués a
prol da potenciación desta ruta e o traballo coordinado entre as
administracións locais, provincial e autonómica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario