A xunta de
goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou na súa xunta de goberno 860
prazas da segunda campaña do programa diurno de Balnearios, Coidarte 2014.
Según
informou o presidente Louzán recibironse 990 solicitudes polo que hai lista de
espera pois había 860 prazas previstas. As saidas serán en febreiro e marzo. Na
1ª campaña, participaran 1.733 personas.
Coidarte é un
programa de Termalismo Social dirixido a maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas
ou personas de respiro familiar. A Deputación subvencionou para este programa
35€ por persona e os concellos adheridos achegan 10€
Novidades para o ano 2015
Os
beneficiarios van 2 horas diarias durante 5 tardes seguidas aos balnearios de
Termas de Cuntis, A Toxa (Hesperia), Mondariz (Palacio da Auga), Oia (Talaso
Atlántico), Moaña (Talaso Spa), O Grove (Norat Marina) e Lalín (Torre do Deza).
Para a
edición de Coidarte do ano 2015, a Deputación destinou 105.000 € cunha oferta
inicial de 2.625 prazas. Para o 2015, a Deputación incrementa a súa achega por
praza, que pasa dos 35 € aos 40 € que subvencionará en 2015. Os concellos que
se adhiran achegarán 10 €, polo que o usuarios verá reducido o prezo da estadía
en 50 €.
5.625 prazas ofertadas
Este programa ven a sumarse ao Saúde
e Benestar, aprobado en decembro e que ten os mesmos destinatarios e iguais
obxectivos, coa salvidade de que neste caso a estadía no balneario é en pensión
completa durante 6s días e 5 noites. Entre os dous programas ofértanse 5.625
prazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario