Landín Eirín,alcalde de Barro ao PSOE: "Non somos unha parroquia de Pontevedra" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 22 de enero de 2015

Landín Eirín,alcalde de Barro ao PSOE: "Non somos unha parroquia de Pontevedra"

 
A idea de Agustín Fernández de que a planta de compostaxe se sitúe no polígono Barro- Meis levantou unha poeira que parece difícil de extinguir. Onte, tras un fin de semana cheo de polémica nas redes sociais, foi o alcalde, José Antonio Landín (PP), o que saíu ao paso dos comentarios.

«Cada pau que aguante a súa vela» pide o alcalde, nunha versión (realmente edulcorada) do seu «cada can que resgue os seus carrachos», frase que soltou no espazo de Facebook de la Alcaldía a mediados de 2014, cando o debate pola planta de compost estaba en pendes e apuntouse, por primeira vez, ao polígono Barro-Meis como posible situación.

«O grupo de Goberno quere facer un chamamento aos veciños, así como aos que se lían en dispoñer do seu territorio ou as súas instalacións. Como se manifestou noutras ocasións, Barro ten Concello propio, con personalidade xurídica e competencias,» recorda, para engadir que sabemos moi ben o que beneficia ou prexudica aos nosos veciños, concretamente ao polígono Barro-Meis».

Por último, Landín recorda que se noutros tempos «algún conselleiro se empeñaba en situar Ence e Elnosa neste polígono e hoxe en día outras forzas políticas queren facer o mesmo coa planta de compost, a uns e outros lles dicimos que non somos unha parroquia de Pontevedra e traballamos noutra dirección».

http://diariodepontevedra.galiciae.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario