§      Alumnado de entre 3 e 7 anos de 31
concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 12 e
21 de decembro
§      Por noveno ano consecutivo a Rede
CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia
Máis de 1.600  alumnos de
educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de
decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de
videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Os escolares
de Educación Infantil de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os
primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio
de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración
de media hora en cada aula. 
Por toda Galicia
Nos
seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas
CeMIT de  Abegondo, Barreiros, Beariz,  Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Catoira,
Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Marín, Muros, Narón, Ourense, Ortigueira,
Oroso, Quiroga, Ribeira, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía,
Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 31 localidades que recibirán a
visita virtual do noso Papá Noel. *
Ademais dos
alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a
posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado
do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con
trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa
O obxectivo
desta actividade, que neste ano cumpre o seu 9º aniversario e que conta cun
gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será o de establecer
unha comunicación fluída entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades,
que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa.
Con este
tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas
aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as
posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da
que dispoñen.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT
(Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está
integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de
promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención
aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital
entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da
sociedade da información. 
Ademais do
Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e
divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e
outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a
maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita
o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e
asesoramento dun axente especializado.
A listaxe
completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
*Xúntase cadro cos horarios de conexión
de cada aula
| 
   | 
  
   
LUNS  
12 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
BETANZOS 
 | 
  
   
Pai Menni 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
ARZÚA 
 | 
  
   
CEIP Arzúa 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
FERROL 
 | 
  
   
Ludy S.G.C. 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
BANDE  
 | 
  
   
Escola
  infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
PONTES, AS 
 | 
  
   
CEIP Santa
  María 
 | 
 
| 
   
13:00 
 | 
  
   
PONTES, AS 
 | 
  
   
CEIP Santa
  María 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
MARTES  
13 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
NARÓN 
 | 
  
   
CPR JORGE JUAN 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
VICEDO, O 
 | 
  
   
CEIP Vicedo 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
ARZÚA 
 | 
  
   
CPR Nosa Señora do Rosario 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
VICEDO, O 
 | 
  
   
CEIP
  Vicedo 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
FONSAGRADA, A 
 | 
  
   
CEIP Santa
  María  / Escola Infantil "A
  Galiña Azul" 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
MÉRCORES  
14 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
RIBEIRA 
 | 
  
   
Galaxia 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
RIBEIRA 
 | 
  
   
Galaxia 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
CELANOVA 
 | 
  
   
Colexio Sagrado Corazón 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
BANDE  
 | 
  
   
Escola
  infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
OURENSE 
 | 
  
   
San Pio X 
 | 
 
| 
   
12:30 
 | 
  
   
OROSO 
 | 
  
   
 CEIP
  do Camiño Inglés 
 | 
 
| 
   
13:00 
 | 
  
   
OROSO 
 | 
  
   
 CEIP
  do Camiño Inglés 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
XOVES  
15 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
VALGA 
 | 
  
   
CRA DE VALGA 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
XUNQUEIRA DE AMBÍA 
 | 
  
   
colegio padre crespo 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
ORTIGUEIRA 
 | 
  
   
Ceip José Mª Lage 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
CELANOVA 
 | 
  
   
Colexio
  Curros Enríquez 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
ORTIGUEIRA 
 | 
  
   
Ceip José
  Mª Lage 
 | 
 
| 
   
12:30 
 | 
  
   
VALGA 
 | 
  
   
CRA DE
  VALGA 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
VENRES 
16 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
CAÑIZA, A 
 | 
  
   
CPI DA CAÑIZA 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
BARREIROS 
 | 
  
   
C.E.I.P. San Miguel 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
CAÑIZA, A 
 | 
  
   
CEIP DE VALEIXE 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
BETANZOS 
 | 
  
   
Guarderia
  Municipal de Betanzos 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
SARREAUS 
 | 
  
   
CEIP de
  Sarreaus 
 | 
 
| 
   
12:30 
 | 
  
   
SANTA COMBA 
 | 
  
   
CEIP Pepe
  de Xan Baña 
 | 
 
| 
   | 
  
   
LUNS  
19 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
MUROS 
 | 
  
   
EEI de Muros 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
ABEGONDO 
 | 
  
   
CEIP San Marcos 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
FISTERRA 
 | 
  
   
Mar de Fora e Colexio Sardiñeiro 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
VIMIANZO 
 | 
  
   
CEIP SAN
  VICENZO DE VIMIANZO 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
FISTERRA 
 | 
  
   
Colexio
  Nosa Señora do Carme 
 | 
 
| 
   
12:30 
 | 
  
   
VIMIANZO 
 | 
  
   
CEIP SAN
  VICENZO DE VIMIANZO 
 | 
 
| 
   
13:00 
 | 
  
   
BEARIZ 
 | 
  
   
C.E.I.P.
  Beariz 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
MARTES  
20 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
NARÓN 
 | 
  
   
CEIP PONTE DE XUVIA 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
CATOIRA 
 | 
  
   
CPI Progreso 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
CERCEDA 
 | 
  
   
CPI O Cruce 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
CARBALLEDO 
 | 
  
   
A Barrela 
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
BARREIROS 
 | 
  
   
C.E.I.P.
  San Cosme 
 | 
 
| 
   
12:30 
 | 
  
   
CERCEDA 
 | 
  
   
CPI O
  Cruce 
 | 
 
| 
   
13:00 
 | 
  
   
CARBALLEDO 
 | 
  
   
A Barrela 
 | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   | 
  
   | 
 
| 
   | 
  
   
MÉRCORES  
21 DECEMBRO  | 
  
   | 
 
| 
   
10:00 
 | 
  
   
VILAGARCÍA 
 | 
  
   
Vagalume 
 | 
 
| 
   
10:30 
 | 
  
   
MARÍN 
 | 
  
   
San Narciso 
 | 
 
| 
   
11:00 
 | 
  
   
QUIROGA 
 | 
  
   
CEIP DE QUIROGA 
 | 
 
| 
   
11:30 
 | 
  
   
CASTRO CALDELAS 
 | 
  
   
Colexio
  Nuestra Señoa de los Remedios  
 | 
 
| 
   
12:00 
 | 
  
   
VILAGARCÍA 
 | 
  
   
Bata
  (Asociación de Autismo) 
 | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario