A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza co
secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar
§
As dúas administracións avanzaron hoxe nos
termos do acordo para a participación, por primeira vez, do Goberno galego na
toma de decisións sobre a infraestrutura a través dunha comisión que celebrará
reunións periódicas
§
Na reunión o Ministerio de Fomento reafirmou o
compromiso de impulsar a finalización do AVE a Galicia e confirmou que nas
últimas semanas se rexistraron importantes avances en 4 treitos da conexión que
rexistraban problemas
§
O Goberno galego volve reiterar a necesidade de
impulsar a mellora da conexión ferroviaria da provincia de Lugo co eixe de alta
velocidade
A Xunta de
Galicia e o Goberno constituirán no primeiro trimestre de 2017 a comisión para
a toma de decisións compartida sobre a autoestrada AP-9. A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo esta tarde unha reunión de
traballo co secretario de Estado de Infraestruturas Julio Gómez-Pomar, na que
abordaron os termos de funcionamento desta comisión, cuxa formación foi
acordada polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento no seu encontro do
pasado 5 de decembro en Santiago.
Na reunión, na que tamén participaron, entre outros o director da Axecia
Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a directora xeral de
Mobilidade, Helena de Lucas, avanzaron no acordo de colaboración para a
participación, por primeira vez, do Goberno galego na toma de decisións sobre
esta infraestrutura estratéxica para
Comunidade autónoma a través dunha comisión que se reunirá de forma
periódica.
A conselleira de Infraestruturas valorou positivamente a reafirmación por
parte do Ministerio de Fomento do seu
compromiso de impulsar a finalización das obras de alta velocidade ferroviaria
entre Galicia e Madrid, sobre a que na
xuntanza se confirmou que nas últimas semanas
se rexitraron importantes avances para solucionar os problemas que afectaban
a 4 treitos. Ademais, o Ministerio de Fomento trasladou que está a traballar
para solucionar as incidencias que afectan á execución dun treito concreto
desta liña.
Finalmente, na reunión, entre outros asuntos, a Xunta reiterou a necesidade
impulsar a mellora das infraestruturas ferroviarias da provincia de Lugo para
que esta provincia quede conectada co eixe de alta velocidade e poida acadar
tempos de viaxe con Madrid do entorno das 3 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario