VIÑA MORAIMA PRESENTA ESTE XOVES “MAUSIÑO”, UN VIÑO EXPERIMENTAL ELABORADO A PARTIR DA VARIEDADE RATIÑO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 1 de diciembre de 2016

VIÑA MORAIMA PRESENTA ESTE XOVES “MAUSIÑO”, UN VIÑO EXPERIMENTAL ELABORADO A PARTIR DA VARIEDADE RATIÑO




  • Trátase dunha elaboración a partir dunha variedade branca autóctona que foi
  • identificada hai algúns anos en diferentes microviñas localizadas en Barro
A Misión Biolóxica de Galicia, centro de investigación do CSIC en Pontevedra, colaborou coa cooperativa, a través do seu Grupo de Viticultura, na transferencia de material vexetal e no asesoramento deste proxecto

A cooperativa Viña Moraima presentará o vindeiro xoves no Pazo da Crega (Barro) o seu viño “Mausiño 2015”, tras unha primeira elaboración no ano 2014 cuxo obxectivo foi o de coñecer o comportamento da variedad. Trátase dun viño experimental elaborado a partir da variedade autóctona Ratiño, catalogada hai un par de anos e localizada en diferentes microviñas compostas por cepas moi antigas, que se localizan no municipio de Barro.

A elaboración deste viño, do que se produciron 500 litros, foi posible grazas ao traballo de investigación do equipo enolóxico da cooperativa en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas, que facilitou asesoramento en relación ao proxecto de vinificación e transferiu material vexetal aos técnicos de Viña Moraima.

Ao acto de presentación de “Mausiño” está previsto que acudan máis dun cento de persoas e entre os convidados destacan o alcalde os membros da Corporación Municipal do Concello de Barro, o presidente da D.O. Rías Baixas, o titular da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa representantes de la Consellería de Medio Rural, entre outras autoridades.

O evento de presentación poderá seguirse nas redes sociais, a través do hashtag #mausiño.

Sobre Viña Moraima

Xurdida no ano 2006, a cooperativa Viña Moraima agrupa 12 socios que veñen cultivando tradicionalmente as viñas herdadas dos seus proxenitores. Trátase de viñedos que se caracterizan pola súa antigüidade xa que, nalgúns casos, superan os 100 anos de idade. A cooperativa elabora viños a partir das variedades Albariño e Caíño Tinto colleitadas en 14 hectáreas de terreo que se localizan no municipio de Barro e comercializados baixo as marcas Moraima e Aba de Trasumia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario