Pincha na imaxe para ver o video:
No Concello de Barro, en Pontevedra, aproveita o Nadal para sacar o seu lado máis solidario. Ata o día de reis poderán depositarse alimentos non perecedeiros en diferentes puntos para a súa entrega a familias necesitadas da zona.
Xa está en marcha a iniciativa Nadal Solidario de Barro. Por quinto ano consecutivo levase a cabo esta campaña de recollida de alimentos non perecedeiros que organiza a asociación Amigos da Fervenza da Barosa.
Leite, azucre, fariña ou pasta son so algúns dos alimentos que se poden depositar nunhas caixas que xa están a encher os veciños.
Os puntos de recollida son nove repartidos entre centros educativos e de saúde, supermercados e bares.
A campaña continuará ata o remate das festividades cando terá lugar un desfile de moda no que a entrada será a cambio de alimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario