- Nesta 5ª edición "Nadal Solidario en Barro" preténdese recoller e superar os máis de 600 kg do ano pasado.
- Establéceranse varios puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros
- Colaboraran na actividade como tódolos anos varias empresas locais e supermecados da localidade
- Colaboran tamén na actividade @s locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.
- O vindeiro día mes de Xaneiro de 2017 pecharase esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se pretenden recoller alimentos como cacao, azucre ou aceite.
Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.
Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 600 kg recollidos o ano pasado.
Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.
Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.
Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario