A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA A CALIDADE TURÍSTICA NOS CAMIÑOS CARA COMPOSTELA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 19 de abril de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA A CALIDADE TURÍSTICA NOS CAMIÑOS CARA COMPOSTELA



 
En total son 230 as empresas e entidades de vilas atravesadas por camiños acreditadas co distintivo SICTED, o que manifesta a aposta da institución provincial por unha mellora integral destas rutas  
Os camiños cara Compostela son un dos eixos de promoción do destino Rías Baixas cos que a Deputación de Pontevedra está a traballar neste 2017
 A aposta pola profesionalización, calidade e mellora continua do sector turístico é unha das máximas da Deputación de Pontevedra. Neste ano 2017, e tendo en conta que os camiños cara Compostela que atravesan a provincia de Pontevedra son un dos eixos de promoción do destino Rías Baixas, esta aposta da institución provincial estase a facer extensiva ás seis rutas pola provincia.
En concreto, podemos falar de que son xa 53 as empresas e entidades situadas en concellos da Ruta Mar de Arousa e Río Ulla e da Ruta Pai Sarmiento acreditadas co distintivo de calidade do SICTED. Así Cambados conta con 11 empresas e entidades (Bodega Don Olegario, Bodega Gil Armada, Bodegas do Pazo de Fefiñáns, Bodegas Martín Códax, Casa-Museo Ramón Cabanillas, Museo Etnográfico do Viño, Museo Muíño das Mareas A Seca, Oficina de Turismo de Cambados, Restaurante Yayo Daporta, Casa da Muiñeira e Casa Mariñeira Lourdes), O Grove conta con 27 (Camping Muiñeira, Camping Os Fieitás, Camping Praia Paisaxe II, Confraría de Pescadores San Martín, Academia Vox Populi, Hotel Cons da Garda, Hotel Bosque-Mar, Hotel La Noyesa, Hotel Mabel, Hotel Maruxía, Hotel Montemar, Hotel Noyesa Plaza, Hotel Spa Atlántico, Hotel Spa Norat, Hotel Villa Juanita, Talaso Hotel Louxo La Toja, Oficina de Turismo-Concello do Grove, Cruceros Ángel, Cruceros Arosa, Cruceros do Ulla, Cruceros Mares do Grove, Minicruceros Proba, Cruceros Rías Baixas, Cruceros Turimares, Naviera Bahía-Sub, Club Náutico San Vicente do Mar e Restaurante Areoso), A Illa de Arousa con dúas empresas (Piragüilla Ocio y Aventura e Centro de Interpretación da Conserva), Meaño conta cunha empresa (Paco Y Lola Adega e Viñedos), Meis con catro (Pazo de Señoráns, Pazo da Saleta, Oficina de Turismo Mosteiro de Armenteira e Casal do Folgueiras),  Valga ten unha empresa acreditada (A Casa da Torre), Vilagarcía de Arousa catro (Tee Travel, Alvamar, Hhotel Castelao e Pazo de Rubianes) e Vilanova de Arousa conta con tres empresas e entidades co distintivo de calidade do SICTED (Camping Playa Paisaxe I, Casa Museo de Valle Inclán e Casa A Cachada).
No caso do Camiño do Sudeste e da Vía da Prata así como do Camiño de Inverno son 40 as empresas e entidades co SICTED. Esta variante cara Compostela, no concello de Lalín conta con 35 empresas acreditadas (Pírate de Viajes, A Mina, Bar Manhattan, Bodegón A Cunca, O Café de Mili, Taberna A Lareira, Armisport, Confitería París, Cousiñas do Deza, El Vestidor de Chloe, Mariany, Moca Complementos, Neno´s, Rosalda, Zapatería Martínez, Hotel Fogar de Breogán, Hotel Restaurante Pontiñas, Museo Etnográfico Casa do Patrón, Oficina de Turismo Concello de Lalín,  Olga Belleza, Salón de Peluquería Maybel, Marmitajo, Parrillada Montoto, Restaurante Agarimo, Restaurante Asturiano, Restaurante Cabanas, Restaurante La Molinera, Restaurante O Fogar de Breogán, Casa Vixide e os taxis nº4, 12, 15, 27, 29 e 36), Silleda ten unha empresa co SICTED (Casa de Cacheiro) e A Estrada conta con catro entidades e empresas acreditadas (Pazo de Oca, Casa do Avó, Casa da Pastora e Casa Rural O Palomar).
 Pola súa banda, o Camiño Portugués cara Compostela conta con 28 empresas e entidades acreditadas co distintivo de calidade SICTED. En concreto, falamos de tres empresas de Tui (Porta da Pía Artesanía,  Hotel Alfonso I e taxi Bernardo), unha do Porriño (Viajes Airbús), outra de Redondela ( O Refuxio de la Jerezana), unha en Soutomaior (Casa da Barreira), catro en Vilaboa (Rectoral de Cobres, Casa do Americano, Casa Rural Os Areeiros e Pazo Larache), 15 en Pontevedra (Viajes Arany, Albergue de Peregrinos “Virgen Peregrina”, Café Moderno, A Tenda da Gata, Rei Zentolo Pontevedra, Trazelcharter, Galicia Guiada, Guiados Pontevedra, Hotel Room, Oficina de Turismo de Pontevedra, Oficina de Turismo Rías Baixas, Autocares Viuda de Cándido, O Eirado da Leña,  Restaurante Room e taxi José Aurelio Vázquez Posa), unha en Barro (Casa Rural Os Carballos), outra en Caldas de Reis (Casa Rural Torre do Río ) e unha en Valga (A Casa da Torre).

O Camiño Portugués pola Costa, amais dos establecementos que comparte co Camiño Portugués tradicional, conta con 45 empresas e entidades co distintivo SICTED. Esta variante cara Compostela, no concello da Guarda conta con tres empresas acreditadas (Oficina de Turismo, Praia Area Grande e Praia O Muíño), O Rosal tamén con tres (Bodegas Terras Gauda, Lagar de Fornelos e Casa Rural Abadía Eiras), Oia ten catro entidades co SICTED (Camping O Muíño, Hotel Talaso Atlántico, S.T.S. Talaso Atlántico e Casa Puertas), Nigrán conta con sete empresas e entidades distinguidas (Badadiva, oficina de turismo de Nigrán, Praia América, Praia de Panxón, Praia de Patos, Restaurante Los Abetos e o taxi José Nigrán) e Vigo con 28 (Abramar Viajes, Ademar Viajes, Bives Tour Central, Bives Tour Vigo, Turatlántica Viajes, Viajes Airbús, Viajes Airbús Galicia, Viajes Alltour, Viajes Lira, Viajes Luamar, Vío Viajes, Camping Islas Cíes, Rei Zentolo Vigo, Sailway, Hostal Puerto de Vigo, Hotel Axis Vigo, Hotel Bahía de Vigo, Hotel Ciudad de Vigo,  Hotel Coia, Hotel Inffinit, Hotel Silken América, Hotel Zenit Vigo, Museo do Mar de Galicia, Museo Verbum, Naviera Mar de Ons, La Trastienda del Cuatro, Restaurante Casa Soutomayor e taxi Tour Rías Baixas).
 Na actualidade a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, atópase inmersa na campaña de captación de novas empresas para acreditalas co distintivo SICTED. Ata o momento xa son  40 as que solicitaron a súa inclusión neste programa de mellora continua, calidade e profesionalización, superando as propias estimacións realizadas pola institución provincial que se marcaba como obxectivo sumar 35 novas empresas.
 As empresas que desexen acreditarse co SICTED terán de prazo de adhesión ao proxecto ata o 14 de setembro. Posteriormente, abrirase un proceso de formación, asesoramento individual e avaliación das empresas que se beneficiarán, de emitirse informe positivo, co distintivo SICTED.

No hay comentarios:

Publicar un comentario