O BOPPO publica hoxe as bases
para que os concellos soliciten subvencións destinadas á redacción de proxectos
e ao financiamento de actuacións globais
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as
bases das axudas da Deputación para a mellora do monte dos concellos de
Pontevedra mediante a creación de parques forestais. O prazo de presentación de
solicitudes finalizará dentro de dous meses, o 5 de xuño.
Na provincia de Pontevedra
actualmente existen sobre unhas 31.654 hectáreas de monte raso abandonadas nas
que o goberno provincial entende que é necesario levar a cabo accións de
mellora para a súa posta en valor tanto a nivel social como económico mediante
o desenvolvemento de proxectos de prevención, diversificación e ordenación dos
montes da provincia. Baseándose na idea dos parques forestais, trátase de
promover a plantación de especies frondosas e resistentes ao lume para
potenciar o seu valor paisaxístico, o seu uso por parte da veciñanza e tamén
para reducir os riscos de incendio.
Para lograr eses obxectivos
plantéxanse dúas liñas de subvencións, por un importe de 1.200.000 euros, nas
que terán cabida todos os proxectos de diversificación, ordenación, prevención
e mellora do monte presentados polos concellos en colaboración coas comunidades
de montes. A convocatoria destas subvencións abranguerá tanto a redacción dos
proxectos dos parques forestais coma a execución das actuacións previstas neses
proxectos.
A intención da Deputación é crear áreas de uso público
e disfrute da cidadanía que teñan valores paisaxísticos, produtivos ou
ambientais. Para garantir este obxectivo, subliñou, nas bases establécese a
obriga de que sexan os concellos os que soliciten as subvencións á Deputación e
non as comunidades de montes. Os concellos deben ser os garantes do uso público
e, mediante convenios ou acordos coas comunidades de montes, asumir a xestión dos
espazos.
Un dos principais requisitos das bases é a obrigatoriedade
de que as actuacións se executen en alomenos 50 hectáreas de terreo. O
financiamento por parte da Deputación será dun máximo do 80% do custe da
redacción do proxecto ou da actuación proposta. O 20% restante do orzamento total, ou a
cantidade que resultase de superar os límites fixados, terana que aportar os
concellos solicitantes, ben dos seus fondos, ben mediante acordos coas
entidades titulares do predios obxecto da actuación pretendida.
O Plan de Mellora dos Montes nace con vocación de
continuidade, e que aqueles
concellos que nesta primeira convocatoria aspiren a obter financiamento para a
redacción dun proxecto de mellora, o vindeiro ano 2018 poderán ser
beneficiarios de axudas para a execución deses programas con actuacións
concretas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario