§ No transcurso das xornadas previas
aos festivos, as unidades móbiles de ADOS visitan ao redor de corenta concellos
na procura da colaboración dos cidadáns
Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal
obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de
Sanidade, por medio da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). As dez
unidades móbiles de ADOS visitarán nas xornadas previas aos festivos de Semana
Santa, ao redor de 40 concellos para acadar unha media de 500 doazóns diarias,
as precisas para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos
nosos centros sanitarios.
As
necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional
polo que é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período
no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras
habituais.
Doazóns diarias
Durante a
campaña de doazón en Semana Santa do presente ano, a Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue tenta acadar unhas 3.000 doazóns de sangue, cifra que
permitirá desenvolver unha media diaria de 500 intervencións cirúrxicas,
atender 3.000 urxencias e realizar 3 transplantes de órganos e tecidos.
Neste intre,
o chamamento a participación é xeneralizado e precísanse doazóns de todos os
grupos sanguíneos polo que ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos
cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o
desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Venres 7 de
abril
|
Carballo,
Cantón Pequeno (A Coruña), Cabo de Cruz (Boiro), Praza de Armas (Ferrol),
Noia, Burela, O Carballiño, A Guarda, Moaña e Vilagarcía de Arousa
|
Sábado 8 de
abril
|
Carballo,
Cedeira, Noia, Cervantes, Navia de Suarna, A Guarda e Vilagarcía de Arousa
|
Luns 10 de
abril
|
Betanzos,
Cerceda, Dumbría, Mazaricos, Monfero, Sarria, Nogueira de Ramuín, Xunqueira
de Espadañedo, Bueu, Crecente e Zona As Travesas (Vigo).
|
Martes 11
de abril
|
Bº Monte
Alto (A Coruña), Carnota, Narón, Ordes, Ribeira, Monforte, Rúa do Paseo, O
Grove, Salvaterra de Miño e Rúa Príncipe (Vigo)
|
Mércores 12 abril
|
As Pontes,
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Boiro, Culleredo, Ribeira, Vilalba, Verín,
Salvaterra de Miño, Tui e Vilanova de Arousa
|
Ademais,
tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas
sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
AXENCIA DE
DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)
|
Luns a
venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das
8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO
HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
|
Luns a
venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das
8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres
das 8.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e
venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO
HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das
08.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das
15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e
venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a
venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das
8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar
sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non
padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite
B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas
solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis
información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es, ás páxinas de
ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para
resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos
desprazamentos das unidades móbiles: 900
100 828
No hay comentarios:
Publicar un comentario