A XUNTA PUBLICA NO DOG A LICITACIÓN DA REDACCIÓN DOS PROXECTOS DE INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR ALGO MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 24 de abril de 2017

A XUNTA PUBLICA NO DOG A LICITACIÓN DA REDACCIÓN DOS PROXECTOS DE INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR ALGO MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS







§  Este contrato prevé a redacción de catro proxectos construtivos, un por cada actuación, dúas no Camiño Francés, unha no Portugués e outra no Inglés
§  No mes de setembro adxudicarase o contrato para ter os primeiros proxectos redactados a finais do ano
§  Na redacción dos proxectos teranse en conta aspectos urbanísticos, ambientais, culturais e de mobilidade para dotar dunha visión transversal as distintas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se anuncia a licitación da redacción dos proxectos das obras de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago na súa entrada á cidade co obxectivo de que todas as actuacións estean culminadas para o Xacobeo 2021. Para obter máis datos pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/gtpdvI.

Os documentos teñen un prazo de execución de 36 meses, prorrogables por 18 meses máis e a data de presentación de ofertas rematará o vindeiro 2 de xuño. Este contrato contará cun orzamento de algo máis dun millón de euros e inclúe tarefas de control e vixilancia durante a execución das obras e prevé unha interlocución directa con todos os organismos e administracións implicadas. Así, redactaranse catro proxectos construtivos: dúas delas no Camiño Francés, unha no Portugués e outra no Inglés; xunto coas obras complementarias de adecuación do espazo público na contorna do Camiño. 

O propósito do Goberno galego é que en setembro se adxudique o contrato para ter os primeiros proxectos redactados a finais deste ano e iniciar a contratación das obras de maneira inmediata. Estes traballos de integración paisaxística suporán un investimento estimado de 4,2 millóns de euros.

Na redacción dos proxectos construtivos teranse en conta aspectos urbanísticos, ambientais, culturais e de mobilidade para dotar dunha visión transversal as distintas intervencións que se executen, xa sexan en zonas rurais, nos barrios ou na zona histórica.

As melloras que se leven a cabo abordaranse de forma coordinada, que sexan coincidentes en canto a forma e funcionalidade e teñan continuidade co resto dos Camiños. De aí que se busque un tratamento homoxéneo para as rutas xacobeas, por exemplo, no referido aos pavimentos ou na anchura e características da sendas.
O Executivo autonómico aposta por unha imaxe única, capaz de construír identidade, para que a traza dos Camiños de Santiago á súa entrada en Compostela sexa perfectamente identificable e responda ás demandas e necesidades do peregrino do século XXI.

Este proxecto busca crear un sinal de identidade do Camiño a nivel internacional e do que xurdirán directrices que, sen dúbida, tamén servirán de referencia para futuras intervencións nas diferentes Rutas Xacobeas.
A integración paisaxística das entradas dos Camiños en Compostela contribuirá a consolidar a imaxe de Santiago como referente turístico a nivel internacional e será un revulsivo para o desenvolvemento turístico e económico de toda a comunidade. 

Grazas a isto, os peregrinos verán cumpridas as súas expectativas cando chegan a Compostela, o Goberno galego está a impulsar, en consonancia co Plan Estratéxico e Director do Camiño de Santiago, unha colaboración activa entre as distintas administracións con competencias.

Trátase de poñer en valor as rutas xacobeas á súa chegada a Compostela e que o Camiño acade un maior protagonismo na trama urbana. Para iso, a mediados do pasado mes de febreiro, Xunta e Concello de Santiago asinaron un acordo de colaboración para intervir de forma coordinada sobre os Camiños en Compostela e acadar a excelencia na experiencia do peregrino.

No marco desta colaboración, no que se refire ao Goberno galego, participan a Consellería de Cultura, como órgano competente na protección e promoción do patrimonio cultural de Galicia e dos Camiños de Santiago; a Axencia Turismo de Galicia, que dirixe e coordina as actuacións relacionadas coa posta en valor turístico e cultural do Camiño de Santiago; e a Axencia Galega de Infraestruturas, asume a redacción dos proxectos e a execución das actuacións que se levarán a cabo.  

Pola súa banda, o Concello de Santiago, como Administración titular da práctica totalidade das vías polas que discorren as Rutas Xacobeas, comprométese a poñer á disposición os terreos necesarios e a repoñer os servizos urbanos que poidan verse afectados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario