A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ASEMACO PARA DIFUNDIR AS AXUDAS DA XUNTA Á REHABILITACIÓN EN GALICIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 29 de abril de 2017

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ASEMACO PARA DIFUNDIR AS AXUDAS DA XUNTA Á REHABILITACIÓN EN GALICIA











  • O Goberno galego destaca a importancia de potenciar o eido da rehabilitación, xa que concretou que este sector é o que máis postos de traballo xera por euro investido
  • O convenio estará vixente dende a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2017, podendo prorrogarse por un período igual ao da vixencia do mesmo
  • Unhas 6.300 familias galegas poderán beneficiarse este ano das medidas de impulso da rehabilitación de vivendas ás que a Xunta destinará 39 millóns de euros

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe co vicepresidente da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco), Bernardo Comesaña, un convenio de colaboración para a divulgación das axudas en materia de rehabilitación vivenda en Galicia.

O Goberno galego busca a potenciación das actuacións de rehabilitación, xa que é preciso reforzar o eido da rehabilitación, xa que que este sector é o que máis postos de traballo xera por euro investido. O convenio estará vixente desde hoxe ata o 31 de decembro de 2017, podendo prorrogarse por un período igual ao da vixencia do mesmo.

En 2017, cos programas de rehabilitación da Xunta, cubrirase case o dobre de familias que no pasado exercicio, é dicir, 6.300, xerando ademais un investimento inducido de 58 millóns de euros. Neste sentido, os programas recollidos no Plan Rehavita xa permitiran que o ano pasado, 3.644 familias se beneficiaran das axudas e actuacións directas de rehabilitación, que contaron cun investimento do Goberno galego de 17,2 millóns de euros.

O Executivo autonómico está a redobrar os esforzos nesta materia nesta lexislatura, xa que a rehabilitación mellora a calidade de vida dos galegos e actúa como un factor dinamizador da actividade e do emprego.

Para elo, ten formulada unha estratexia global de rehabilitación que xa ten o seu reflexo nos Orzamentos de 2017, xa que case 40 millóns de euros permitirán poñer en marcha os novos programas e continuar coas liñas de axuda establecidas, que teñen demostrado a súa efectividade, incrementando incluso a súa dotación, para que poidan chegar aínda a máis familias.

Este ano xa están activadas as axudas para a mellora da eficiencia enerxética, unha nova liña de traballo está cofinanciada con fondos FEDER e permite aos concellos realizar actuacións en vivendas da súa propiedade con axudas da Xunta; e facilita a intervención directa do IGVS en vivendas de promoción pública da súa propiedade.

No marco deste programa, desde o IGVS acometeranse actuacións directas de rehabilitación en materia de eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública construídas por este organismo.

Por outra banda, a Xunta, no segundo semestre do ano, activará as axudas para que os concellos poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres co fin de recuperar o patrimonio construído en desuso, unha liña á que este ano achegaranse 400.000 euros. 

Tamén está o programa Rehaluga, unha nova medida que prevé axudas para a rehabilitación de vivenda con destino a alugueiro social e que nace para complementar e incentivar o Programa de Vivendas Baleiras. Esta iniciativa pioneira de axudas a fondo perdido posibilitará restaurar as  vivendas desocupadas para destinalas a alugueiro social.

Este programa permitirá, por unha banda, reducir o número de vivendas en mal estado ou desocupadas; e, por outra, dar resposta ás necesidades daquelas familias que se atopan en situación de dificultade. A convocatoria de axudas correspondente a este exercicio ascende a 200.000 euros e sairá publicada nos vindeiros días.

O Goberno galego tamén ten avanzado no programa de concesión de préstamos, sen intereses, ou bonificados, a particulares, para que realicen actuacións de renovación nas súas vivendas. Tanto se se trata de actuacións promovidas de forma individual, como a través da comunidade de propietarios.

Ademais, nas próximas semanas activarase a convocatoria do Fondo de cooperación cos concellos, un programa polo que a Xunta concederá aos municipios de menos de 50.000 habitantes préstamos a interese cero para que estes poidan recuperar edificacións dos seus cascos históricos ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación. O fondo estará dotado, inicialmente, con 10 millóns e as contías devoltas polos concellos volverán formar parte deste Fondo de Cooperación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario