A XUNTA RECIBE OFERTAS DE 16 EMPRESAS PARA EXECUTAR UNHA SENDA NA ESTRADA AUTONÓMICA PO-531 NA DEVESA, NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE ARREDOR DE 800.000 € - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 21 de enero de 2021

A XUNTA RECIBE OFERTAS DE 16 EMPRESAS PARA EXECUTAR UNHA SENDA NA ESTRADA AUTONÓMICA PO-531 NA DEVESA, NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE ARREDOR DE 800.000 €

 



 

§  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras esta primavera co obxectivo de telas rematadas entre finais deste mesmo ano e comezos de 2022

§  Construirase un itinerario peonil de 1,5 quilómetros que conectará os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa

§  Este novo itinerario contará cun ancho mínimo de 2 metros e cunha franxa axardinada de separación nas zonas que sexa posible, executándose unha pequena pasarela peonil sobre o rego do Castrado

§  Con esta actuación a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue traballando na mellora da seguridade viaria na estrada PO-531, no seu treito entre Pontevedra e Curro, con investimentos que acadan os 3,8 millóns de euros

 

A Xunta vén de recibir ofertas dun total de 16 empresas para executar as obras dunha senda na estrada PO-531 na Devesa, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de arredor de 800.000 euros.

 

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o seu inicio esta vindeira primavera e o obxectivo é poder tela rematada entre finais deste mesmo ano e comezos de 2022.

 

Trátase de reforzar a seguridade viaria a través da execución dun itinerario peonil que permitirá comunicar os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa.

 

A senda terá unha lonxitude próxima aos 1,5 quilómetros e executarase en formigón e cun ancho mínimo de 2 metros. Ademais, construirase unha franxa axardinada de separación entre a calzada e a senda, naquelas zonas onde haxa espazo suficiente.

 

As obras tamén incluirán unha senda en voadizo cunha pequena pasarela para superar o rego do Castrado con sistemas de contención, dous muros para o sostemento de terra.

 

Tamén inclúe  actuacións complementarias, como a adecuación da rede de drenaxe, a reposición dos servizos afectados, o acondicionamento da sinalización e o balizamento e execución de obras menores para garantir a axeitada accesibilidade ás vivendas existentes.

 

Esta nova actuación da Xunta enmárcase no Plan de Sendas de Galicia e, en concreto, nas actuacións previstas na comarca de Pontevedra. Esta iniciativa está cofinanciada con fondos europeos do programa operativo FEDER 2014-2020.

 

Con esta actuación a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue traballando na mellora da seguridade viaria na estrada PO-531, no seu treito entre Pontevedra e Curro. O investimento autonómico acada os 3,8 millóns de euros, en traballos recentes e en licitación, ou cos proxectos en redacción por parte do departamento de Infraestruturas da Xunta.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario