A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS AO REGO DA COSTA, NO CONCELLO DE BARRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 10 de julio de 2022

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS AO REGO DA COSTA, NO CONCELLO DE BARRO

 

― Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control


― O foco tiña a orixe nas acometidas irregulares de augas residuais domésticas á rede de augas pluviais, procedentes de vivendas particulares do lugar de Briadoiro


― Augas de Galicia comunicoulle ao Concello a necesidade da adopción das medidas correctoras


― Os técnicos da Xunta verificaron recentemente o cese do vertido, tras proceder os titulares dos inmobles á instalación de sistemas de depuración autónomos


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais sen depurar ao rego da Costa, no concello de Barro.

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, para a detección e seguimento dos puntos de vertido nos municipios da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia da Xunta.


Neste caso, o persoal inspector detectou unha achega irregular de augas residuais cara o rego, que se producía a través dunha condución destinada ao desaloxo de augas pluviais na parroquia de San Mamede de Portela.


Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nas acometidas irregulares de augas residuais domésticas á rede de augas pluviais, procedentes de vivendas particulares no lugar de Briadoiro.


Ante a deficiencia observada, os técnicos da Xunta comunicaron ao Concello a necesidade de adoptar as actuacións oportunas co obxectivo de emendar ese foco.


Nunha recente inspección xirada á zona por parte dos técnicos de Augas de Galicia xunto cos representantes municipais, verificouse o cese do vertido, tras proceder os titulares dos inmobles á instalación de sistemas de depuración autónomos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario