A XUNTA COMEZA AS OBRAS PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIAL NA ESTRADAPO-531 CUNHA PEQUENA ROTONDA EN CURRO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 22 de agosto de 2012

A XUNTA COMEZA AS OBRAS PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIAL NA ESTRADAPO-531 CUNHA PEQUENA ROTONDA EN CURRO

• Co novo deseño, garantirase a seguridade vial dos vehículos que acceden desde os polígonos de Barro-Meis pola antiga PO-531 á actual PO-531 en Curro, xunto á igrexa parroquial
• As obras consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de exterior
• As actuacións, que comezarán na mañá deste xoves, serán executadas pola empresa COVSA e remataranse nun prazo de tres semanas aproximadamente

A Xunta de Galicia iniciará mañá as obras para remodelar a intersección en Curro (en Barro) da PO-531 actual e antiga no PK 10+200.

Unha vez rematado o nudo grande de curro, realizouse un estudo para a mellora da intersección da PO-531 actual e antiga que conlevou a realizar un novo deseño que garantirá a seguridade vial dos vehículos que acceden desde os polígonos de Barro-Meis pola antiga PO-531 á actual PO-531 en Curro, xunto á igrexa parroquial.

As obras consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de radio exterior polo que os traballos a desenvolver serán o estendido dunha capa de mistura bituminosa en quente, a constitución da rotonda e isletas físicas de separación e a sinalización horizontal e vertical.

As actuacións, que comezarán na mañá deste xoves, serán executadas pola empresa COVSA e remataranse nun prazo de tres semanas aproximadamente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario