O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que esta nova obra dará servizo tanto aos vehículos que circulen cara ao Salnés e a Pontevedra como aos veciños do concello de Barro
As obras consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de exterior
O responsable territorial lamentou que o PSOE perda o tempo en organizar mobilizacións en lugar de axudar aos veciños
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acudiu esta mañá ata o concello de Barro para comprobar o inicio das obras de execución da rotonda de Curro que permitirá mellorar a seguridade viaria na intersección entre a antiga PO-531 e nova estrada xunto á igrexa parroquial.
As obras consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de exterior, e na mañá de hoxe iniciáronse co levantamento topográfico da zona.
Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Antonio Landín Eirín, así como polo portavoz da plataforma de afectados, Manuel Corredoira, o presidente da comunidade de montes e veciños da zona. Tamén estiveron presentes responsables da empresa encargada de executar os traballos, COVSA.
Tal e como explicou Cores Tourís, a Xunta de Galicia iniciou hoxe estas obras que permitirán mellorar a intersección en Curro (en Barro) da PO-531 actual e antiga no PK 10+200, “dando así unha resposta rápida ás demandas dos veciños que comprobaron, fai uns días, a necesidade de manter a rotonda provisional instalada durante as obras de execución do gran nó situado a poucos metros deste lugar”.
Deste xeito, segundo engadiu o delegado territorial, “a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas buscou unha solución aos problemas xerados polo gran número de vehículos que circulan por este punto e que preocupaban fortemente aos veciños da zona”. Así, unha vez rematado o nudo grande de curro, realizouse, por parte deste departamento autonómico, un estudo para a mellora da intersección da PO-531 actual e antiga que conlevou a realizar un novo deseño que garantirá a seguridade vial dos vehículos que acceden desde os polígonos de Barro-Meis pola antiga PO-531 á actual PO-531 en Curro, xunto á igrexa parroquial.
As obras consisten na execución dunha rotonda na PO-531, no PK 10+200, e conta cunhas dimensións de 6,75 metros de radio interior e 14,75 metros de radio exterior polo que os traballos a desenvolver serán o estendido dunha capa de mistura bituminosa en quente, a constitución da rotonda e isletas físicas de separación e a sinalización horizontal e vertical.
As actuacións serán executadas pola empresa COVSA e remataranse nun prazo de tres semanas aproximadamente.
Os veciños, co portavoz da plataforma de afectados á cabeza, agradeceron publicamente esta mañá ao delegado a rápida intervención da Xunta para solucionar este asunto, “xa que estabamos moi preocupados polos accidentes que se poderían xerar nesta intersección”, explicou Manuel Corredoira. “Queremos reiterar o noso agradecemento ao delegado territorial que se preocupou en todo momento por este asunto e polas nosas demandas”.
Pola súa banda, o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, tamén mostrou a súa satisfacción pola rápida resposta da Xunta de Galicia neste asunto. “O concello e os veciños levamos catro anos traballando coa administración para conseguir o mellor trazado posible para esta estrada e agradecemos que se tomara en consideración a nosa preocupación pola mellora da seguridade viaria nesta intersección”, explicou.
Neste senso, o delegado territorial lamentou que o PSOE “estea agora buscando rédito político a través da preocupación da xente. En lugar de colaborar e traballar para buscar unha solución os socialistas buscaron o enfrontamento perdendo o tempo en organizar mobilizacións en lugar de aportar ideas”.
Finalmente, Cores Tourís rematou recordando que foi precisamente o Goberno anterior do Bipartito o que deseñou un proxecto de reforma da PO-531 que non convencía nin ao concello nin aos negocios e veciños da zona e que ía “en contra de todos eles. Nós o primeiro que fixemos nada más chegar ao Goberno foi acudir a esta estrada, traballar man a man cos veciños atendendo as súas demandas e escoitando as súas preocupacións. Todos foron testemuñas de que estivemos percorrendo a estrada en moitas ocasións e que tomamos nota de todo o que lles preocupaba ata facer un proxecto axeitado as demandas técnicas e sociais”.
viernes, 24 de agosto de 2012
New
Cores Tourís comproba o inicio das obras da rotonda de Curro que mellorará a seguridade vial na estrada PO-531
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xunta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario