VIDEONOTICIA. Quedará aberto ó tráfico o ramal que conecta a Autovía do Salnés e a estrada PO-531. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de agosto de 2012

VIDEONOTICIA. Quedará aberto ó tráfico o ramal que conecta a Autovía do Salnés e a estrada PO-531.


A Xunta completa a posta en servizo do nó de Curro

Mañá remataranse as obras e po4rase en servizo a totalidade de ramis do nó de Curro. Así as cousas, os vehículos procedentes da Autovía do Salnés que circulen en dirección Pontevedra e viceversa, poderán empregar os ramais directos sen a necesidade de circular pola rotonda elevada.

Este proxecto implicou un investimento de 39 millóns de euros. Conecta a AP-9, a Autovía do Salnés e as futuras autovías Pontevedra – Vilagarcía e Pontevedra-Vigo. Estímase que por este nó circularán unha media de 17.000 vehículos diarios na temporada invernal e 25.000 nas xornadas estivais, o que supón máis de 6 millóns de vehículos ó ano.

Esta nova infraestructura conecta o tráfico da zona industrial de Pontevedra coas vías de alta capacidade e saca do entramado urbano do núcleo de Curro o tráfico de entrada e saída do enlace.

Redacción Salnés

No hay comentarios:

Publicar un comentario